Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES de Rábade visitaron as instalacións que o diario El Progreso ten no polígono industrial do Ceao (Lugo); acompañáronos os profesores Carmen Muñoz, Ángeles Serrano, Marta Cobas e Luís Pereira, dos Departamentos de Lingua Española e Lingua Galega, respectivamente. Os alumnos recibiron explicacións detalladas do funcionamento da maquinaria e de como se elabora o xornal desde que se produce a noticia ao momento en que, unha vez distribuído, o diario chega ao punto de venda. (Arriba, o alumnado dun dos grupos posa na rotativa do diario. Abaixo, pouco antes de subir ao bus)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario