Cronoloxía de Álvarez Blázquez
1915: Nace o 4 de febreiro en Tui.1931: Inicia a carreira de Maxisterio en Pontevedra. Ese ano (14 de abril) é o da proclamación da II República Española.1932: Abril, primeiro poemario do autor, que funda a revista literaria Cristal, que só durará un ano.
1933: Empeza a militar na Federación de Mocidades do Partido Galeguista.
1936: Ingresa no Partido Galeguista. Inicia por libre a carreira de Filosofía e Letras, que nunca terminará. Comeza a guerra civil: como consecuencia, o pai do autor, o doutor Álvarez Limeses, foi encarcerado e posteriormente fusilado en Tui (o 10 de outubro).1937: Sancionado con suspensión de emprego e soldo polo goberno de Franco, Álvarez Blázquez é desterrado á escola de Coreses, na provincia de Zamora, á que non se chega a incorporar porque ser chamado a filas como médico militar no cuartel de San Caetano en Santiago de Compostela.1939: Volta a Coreses até 1941, ano en que pide a excedencia para regresar a Galicia.1945: Vive e traballa en Vigo, na Confraría de Pescadores. Queda finalista do premio Nadal de Novela (o mesmo ano que gañou Carmen Laforet) con En el pueblo hay caras nuevas, que se publica este mesmo ano.1946: Casa con María Luísa Cáccamo Frieben, con quen andando o tempo terá seis fillos.1947: Estrea as súas únicas obras teatrais, nos teatros García Barbón de Vigo e Jovellanos de Xixón respectivamente: El zapato de cristal. Cuento escenificado e Los pazos altivos. Comedia en tres actos en verso.1948: Funda a librería-anticuario Monterrey e posteriormente a Editorial Monterrey.1949: Chegan os primeiros recoñecementos, sendo nomeado membro correspondente da R.A.G. e Comisario de Excavacións Arqueolóxicas de Vigo. Publica, xa en galego e co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min.1950: Publica Roseira do teu mencer, adicado á súa filla Colorín, que morrerá en 1970.1952: Una cabaña en el cielo e a monumental Escolma da poesía medieval I. Escola medieval galego-portuguesa. A segunda parte desta antoloxía (Escolma da poesía galega II. A poesía dos séculos XIV a XIX) publicarase en 1959.1954: O Centro Galego de B. Aires concédelle o premio Pondal polo seu poemario Canle segredo. Posteriormente publica Romance do pescador peleriño.1955/56: Segue a publicar como novelista en castelán Las estatuas no hablan e Crecen las aguas (premio Pérez Galdós).1958: O seu traballosobre Martín Códax, cantor del mar en Vigo obtén o Premio de Biografía da Asociación da Prensa de Vigo.1960/64: Seguen os recoñecementos, as publicacións e os premios, entre eles o Ramón Mourente e varios máis nos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães. Ingresa como numerario na Real Academia Galega, ocupando a vacante de Aquilino Iglesia Alvariño, cun discurso de ingreso sobre "Cantares e romances vellos prosificados". Funda cos seus irmáns Edicións Castrelos. Publícanse as súas novelas Mauro el barquero e La ciudad y los días. (Reunión da RAG. O autor é, entre os sentados, o 2º pola dereita)1966: Trasládase coa muller e os fillos a Oviedo por motivos laborais.1967: Regresa a Vigo e crea as coleccións O Moucho e Pombal, que chegarán a ser moi populares.1968: Profesor de Formación Humanística no Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo. A Deputación da Coruña prémiao polo seu labor como investigador e editor.1969: Imparte conferencias en Buenos Aires, Mendoza e Mar de Plata como invitado de honra do Centro Galego bonaerense.1970: Segue co seu labor arquolóxico no Castro de Vigo e na illa de Toralla.1971: A pega rabilonga e outras historias de tesouros. Premio Cidade de Vigo polos seus artigos sobre a cidade publicados no Faro de Vigo.1976: Publica Canle segredo. É nomeado Cronista Oficial da Cidade de Vigo.1981: Membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e xefe do departamento de Historia de Vigo do Museo Quiñones de León. Concédeselle o Pedrón de Ouro.1982: Publica Alexandre Bóvedra. Apunte biográfico, sendo secuestrada a edición por motivos políticos.1985: Falece en Vigo, o 2 de marzo.
Compromisos
Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario