Hoxe, presentouse a webcam que, instalada no Parque de Cabañeros, permite seguir en directo a actividade dunha parella de aguias imperiais e o pito (nacido o 14 de abril pasado) até o momento en que abandone o niño.Con esta iniciativa preténdese concienciar a sociedade da importancia de conservar a especie, exclusiva da nosa Península, que estivo á beira da extinción e da que actualmente se contabilizan 234 parellas, entre Castela-A Mancha, Andalucía, Castela e León, Extremadura e Madrid (recentemente comezou a estenderse tamén por Portugal). Os principais perigos que ameazan esta ave son velenos e tendidos eléctricos.
Se queres asomarte ao niño, só tes que entrar en http://www.aguilaimperial.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario