28/04/26

As cores en galego


As cores están por todas partes: na fala cotiá, na roupa, nas paisaxes, na publicidade, na literatura. Saber nomealas ben en galego é unha peza básica para te expresares con precisión.

Nesta entrada, que reproducimos de As chaves da Lingua, tes unha guía clara e completa para coñeceres como se chaman as cores en galego, desde as máis básicas ata os tons e matices máis específicos.


O nome das cores en galego

Ámbar

Cor amarela intensa.

Adxectivo: ámbar


Amarelo

Cor entre o verde e o laranxa, como o ouro ou o limón.

Adxectivo: amarelo/amarela, marelo/marela


Anil

Cor do espectro entre o azul e o violeta.

Adxectivo: anil, índigo


Azul

Cor do ceo despexado.

Adxectivo: azul


Beixe

Cor marrón moi clara, como a da la natural.

Adxectivo: beixe


Branco

Cor da neve ou do leite.

Adxectivo: branco/a, albo/a, albelo/a, albuxíneo/a

Caqui

Cor entre o ocre amarelado e o verde agrisado.

Adxectivo: caqui


Carmesí

Cor vermella escura, intensa.

Adxectivo: carmesí


Castaño

Cor parda escura, como a castaña.

Adxectivos: acastañado/a, castaño/a, marrón


Canela

Cor semellante á da canela, entre amarela e castaña.

Adxectivo: canela


Celeste

Azul claro, como o ceo sen nubes.

Adxectivos: celeste, cerúleo


Ciano

Azul con ton verdoso, complementario do vermello

Adxectivo: ciano


Cobre

Cor do cobre.

Adxectivo: cobreado/a


Crema

Cor branca amarelada como a da crema do leite.

Adxectivo: crema


Dourado

Cor do ouro.

Adxectivos: dourado/a, áureo


Encarnado

Cor vermella, como a do sangue ou a papoula.

Adxectivos: encarnado/a, vermello/a, rubio/a


Esmeralda

Cor da pedra que recibe o nome de esmeralda.

Adxectivo: esmeralda


Gris

Cor entre o branco e o negro.

Adxectivos: gris, cinsento/a, aborrallado/a, borrallento/a, cincento/a


Laranxa

Cor entre o amarelo e o vermello.

Adxectivo: laranxa

Lila

Cor entre o azul e o rosa.

Adxectivo: lila


Malva

Cor violeta claro tirando a rosa.

Adxectivo: malva


Maxenta

Cor que se corresponde co vermello púrpura.

Adxectivo: maxenta


Marrón

Cor entre o vermello/amarelo e o negro.

Adxectivos: marrón, castaño/a


Negro

Cor completamente escura.

Adxectivo: negro/aacibeche


Prateado

Cor da prata.

Adxectivos: prateado/a, arxénteo/a, arxentino/a


Rosa

Cor vermella moi clara.

Adxectivo: rosa


Verde

Cor da herba.

Adxectivo: verde


Vermello

Cor do sangue.

Adxectivo: vermello/a


Violeta

Cor entre o azul e o rosa escuro.

Adxectivos: violeta


Turquesa

Cor da pedra que recibe o nome de turquesa.

Adxectivo: turquesa


Turquí

Cor azul moi escura.

Adxectivo: turquí

Outros adxectivos relacionados coas cores

  • Abelanado/a: describe unha cor semellante á da abelá, un ton castaño claro e cálido.
  • Anacarado/a: describe unha cor ou brillo semellante ao da nácara, con reflexos suaves e irisados.
  • Citrino/a: describe unha cor amarela verdosa, un ton intermedio entre o amarelo e o verde.
  • Glauco/a: describe unha cor verde clara e suave. Tamén pode referirse a unha cor verde azulada. Neste sentido, é sinónimo de gacio.
  • Melado/a: describe unha cor semellante á do mel, un ton dourado e cálido.
  • Níveo/a: describe unha cor branca pura, semellante á da neve.
  • Rosado/a: describe unha cor semellante á da rosa, un ton suave que tira a rosa. É sinónimo de rosáceo e róseo/a.
  • Verdegaio/a: describe unha cor verde clara e viva.

Ollo!

En galego, cor é sempre unha palabra feminina, polo que se di a cor e non *o cor. Así, dicimos a cor brancaa cor negra ou a cor vermella. Incluso cando falamos dun nome masculino, o adxectivo segue concordando con coro coche é de cor branca ou o pantalón é de cor negra.


Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.