20/6/09

Cando Flaubert falou de 'merde'

Cando Flaubert falou de 'merde' é o particular título do artigo que na súa columna Luces publicou onte Manuel Rivas en El País; supoño que moitos xa o coñecedes, pero pensamos que convén espallalo. Maxistral, emotivo, alentador e esperanzador


Imaxinemos un lugar no mundo onde as universidades teñan que advertir a un goberno que está lexislando en contra dos intereses do país que goberna. Imaxinemos un lugar no mundo onde a Academia da Lingua teña de tomar a excepcional decisión de manifestar en público a inquietude pola perigosa deriva dun goberno entregado a desprotexer o mellor tesouro do patrimonio cultural dese país. Imaxinemos un lugar no mundo onde os científicos, e máis aínda os que traballan en organizacións internacionais, se vexan obrigados a defender, fronte á desvalorización fomentada polo goberno, a competencia científica da propia lingua do país. Imaxinemos un lugar, en fin, onde os estudosos estranxeiros desa lingua constaten que está tan ameazada polo goberno que ten o deber de promovela que eles mesmos, os alófonos, decidan amparar con afouteza esa lingua fanada, empuxada camiño do exilio no propio país.

Non estamos a falar dun lugar imaxinario, por máis que se atopen semellanzas, como Liliput ou a illa dos Papafigos. Tampouco é unha forzada caricatura dun lugar real. A narración do que está a suceder podería ser aínda máis penosa. Está a pasar diante nosa. Neste escenario e neste tempo. Dise que a boa literatura fala dende un presente lembrado. Mesmo dun pretérito de futuro, cando se trata da ciencia-fición. Xa sabemos o tempo da mala política. O futuro pretérito. A Galicia do desandar. A Galicia do recú. A Galicia provinciana que se ri da ecoloxía das linguas, incapaz de comprender que é unha compoñente fundamental dun emerxente cosmopolitismo racional.

Para unha parte da poboación galega, o estatus do galego é unha cuestión secundaria, que implicaría soamente de xeito dramático a quen traballe coas palabras. Mais, á fin, todos traballamos coas palabras. Os silencios, como ben dicía Samuel Beckett, tamén forman parte da linguaxe. Seguramente, este Goberno, para o seu
Programa do Desandar lingüístico, contaba con ter da súa parte unha chea de silencios. Ese era o cálculo na partida que se puxo en marcha meses antes das eleccións. Por unha banda, un activismo que conseguiu espallar a idea da falsa "imposición" co concurso de poderosos altofalantes. En fronte, outro tipo de activismo, máis ou menos excitado, a quen se tentaría identificar cun nacionalismo maximalista. O defensor do galego como sinónimo de bloqueiro. O típico profeta do non. E o resto? O resto sería silencio. Un país habitado por silencios a rumiar.

Mais estamos a ver como ese país dos Caladiños xa non existe. Xa non leva tanta xente a procesión da Suspensión das Conciencias. Aquí, a cada vez máis persoas, e ante ese estado do Recuar, estalle a pasar o que Gustave Flaubert contaba en carta ao colega Turguenev: "Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo...".

Cal é a forma que adopta aquí o que Flaubert, o da
mot juste, o da palabra exacta, chamaba "marea de merda"? O doente que estaba en proceso de curación é, de súpeto, desposuído de gran parte do tratamento e, ademais, sometido a unha mala práctica médica. Ao tempo, vense a dicir de novo á sociedade, esa é a mensaxe subxacente, que este doente o mellor que pode facer é morrer dunha vez porque non serve. Non é un ser útil. Isto é o que están a facer coa lingua galega. Esta é a marea de lixo do momento.

O problema non é só que se lexisle de recú para
achaparrar o galego e, de paso, estragar a propia industria cultural. Como se as editoras galegas, que fan libros, fosen empresas de menor valor que outras que fan camisolas deslocalizadas. Se cadra ese é o futuro. Velaí outro paradoxo esperpéntico. Disque o conselleiro de Industria é un experto nisto de deslocalizar. Se cadra ese é o futuro. Deslocalizarmos todo e todos. Galicia sen local. Sen razón social. Non, o problema xa non é só xurídico, senón todo o lixo, consciente e inconsciente, que se ciscou sobre a lingua e o universo da cultura galega. A pobriña. Esa carga familiar. A metáfora da Galicia hindú dos intocábeis. Rajoy gusta da palabra malleira ou palleira. Grazas pola malleira, don Mariano!

Le mot juste, a palabra exacta do gran creador de Madame Bovary, ten aquí, e verbo deste esperpento, unha versión perfecta no escrito dos departamentos de Filoloxía das universidades galegas cando se refire ao desandar deste Executivo: "O primeiro da historia da democracia que lexisla en contra da lingua do país e que goberna e actúa segundo intereses alleos a Galicia".

O idioma galego é unha pertenza de todos, tamén dos que non o falan. Como o parque do Xurés, ou as fragas do Eume ou as illas Atlánticas ou as Insuas do Miño son valores de todos, aínda que haxa xente que non saiba deles. Que pensariamos se un Goberno lexislase para achicalos? Pero, ademais, eses tesouros naturais non só pertencen a Galicia. Son valores da bioesfera. Pertencen á humanidade. E o mesmo ocorre cos valores culturais, a principiar pola lingua que naceu en Galicia. Non todos os días nace unha lingua nun lugar do mundo! Non é un asunto só persoal. Podemos pasar delas, mais temos unhas obrigas como parte da humanidade. E o idioma galego é unha pertenza da humanidade, aínda que haxa conselleiros que non pasaran o exame actualizado do imperativo categórico de Kant.

Si. O que vén de pasar foi unha marea de lixo disfrazada de grandilocuencias. Resúmese moi ben neste parágrafo da carta que dez brillantes científicos galegos, traballando en organismos internacionais, en Xenebra, Londres e Montreal, enviaron a Vieiros para saír ao paso do ousado provincianismo: "En declaracións ao
Faro de Vigo, o voceiro das Asociacións de Pais de Colexios Concertados dicía: "Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder". (...) Declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. (...) E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero tampouco o é o castelán. A lingua franca é dende hai moitos anos o inglés (...) O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este (...)".

A historia da lingua galega é como a da Sepharad das mil e unha noites. Sempre atopou o xeito de salvarse de certo tipo de perigosas mareas. Non sei o que pasará cos políticos, pero si sei que a Galicia creativa, a Galicia do desexo, vai sobrevivir no seu andar ás ceibas fronte a este tempo de enxurrada retrógrada. Se non é aquí, será, por exemplo, na universidade de Cardiff de Gales. Alí onde Craig Patterson supervisa con paixón e intelixencia a Rosa dos Ventos, nome da candidatura para Asociación Internacional de Estudos Galegos. De acordo, señor Flaubert. Contra a marea de merda, a rosa dos ventos.

1 comentario:

olga dijo...

Grazas por traelo aquí. Se non fora por vós non o tería lido. E gústame. Ou consólame...¡non sei!

Etiquetas

15 M (1) 25 de novembro (4) 8 de marzo (2) 8 de marzo. (1) A Coruña (2) Abe Rábade (1) académicos (1) Actividades (12) Actuacións (1) Acuarelas (1) Agustín Fernández Paz (2) AI (1) Alfonso X. (1) Alimentos (1) Amadeo Vives (1) Amor (4) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación (2) Animación á lectura (15) Animacion na escola (1) Animais (1) Aniversarios (2) Antonio Gamoneda (1) Antonio Heredero (1) Antonio Rodríguez Menéndez (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aproveitamento de recursos (1) Aquilino Iglesia (1) Arde Lucus (1) Aristóteles (1) Arte (3) Astrid Lindgren (1) Astronomía (9) Avaliación (1) Avós (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Benvida (3) Biblioteca (14) bibliotecas (6) blues (1) boletíns (3) bossa nova (1) Búsqueda de informacion (1) Búsqueda de información (1) Caballero Bonald (1) calipso (1) Cambio climático (2) Camiño de Santiago (1) Campañas (4) Canarias (1) Cancro infantil (1) cantantes (1) Cantar delas (1) Cantautores (1) Cantigas (1) capitalismo (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Casa da Xuventude (1) CDU (1) Celanova (1) Celebración (50) Celso Emilio (1) Celta (1) Centro Fingoi (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Chantada (1) Charlie Brown (1) Charlie Hebdo (1) Charo Sánchez-Gabriel (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (6) Cine (15) Cine clásico. (1) Cine e libros (1) Cine educativo (1) Clara Campoamor (1) Claude Debussy (1) Claudio Rodríguez (1) Comic (3) Compostela (2) Concello de Lugo (1) concertos (3) Concursos (28) Conferencias (2) Congresos (2) Conmemoración (1) conmemoracións (2) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convidados (1) Convocatorias (6) Coral Casablanca (1) Correlingua (4) Cortázar (2) Count Basie (1) Courel (1) CPI Dices Rois (1) crise (2) Crispín d'Olot (1) critica musical. (1) Críticos cine (1) Cultura (5) Cultura romana (1) Curie (1) Curso 2013-2014 (1) Curso 2014-2015 (1) Curtas (2) Daniel Casssany. (1) Deporte (1) Deporte e lectura (1) Dereitos humanos (3) Día da Muller Traballadora (2) Día das bibliotecas (1) Día de Rosalía (1) Día do Libro (2) Día dos Museos (1) Día dos Namorados (2) Día Internacional da Muller (2) Difusión (1) Dignidade. (1) Dinamización (1) Discriminación (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Doris Lessing (1) Doutor Honoris Causa (1) Duke Ellington (1) Educación (1) educación sensorial. (1) El Greco (1) El País (1) El Quijote (1) Ella Fitzgerald (1) Encontros (6) Enderezos (1) ensinanzas artísticas (1) ensino (1) Ensino público (1) Escritores (1) Escritores Galegos (1) Escuela de Lectura de Madrid (1) Estados Unidos (2) estatísticas (10) Estatuas (1) Estudos cinematografía (1) Exposicións (10) exposicións. (1) F.C.Barcelona (1) Fabio Tropea (1) Familias (1) familias. (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) feminismo (2) Fernández Paz (3) Fernando G.Jácome (1) Festas (1) Física (1) Flora e fauna (2) fomento da lectura (2) fondos (1) Forges (5) Formación (1) Formación de usuarios (4) formas musicales (1) Fotografía (1) Fotos (14) Fotos antigas (1) Franquismo (1) Freinet (1) Fundación Germán Sánchez Ruipérez (1) Fútbol (1) García Lorca (1) Georges Gershwin (1) Georges Moustaki (1) Globalización (1) gospel (1) Grecia (1) Guerra (1) Guía de Nadal (1) Guías (21) Guionistas (1) Haendel (1) Haydn (2) Historia (3) Historia contemporánea (2) Historia da Música (1) Historia de España (1) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES As Barxas (1) IES As Mariñas (1) IES Pazo da Mercé (1) IES Poeta Díaz Castro (1) IES Río Cabe (1) igualdade (4) Igualdade de oportunidades (1) Indignádevos (1) Industria fonográfica (1) información familias (1) Instituto Cervantes (1) Internet (4) investigación (1) Jaime Gil de Biedma (1) Jazz (2) Jean_Luc Martínez (1) Jordi sierra i Fabra (1) José Ángel Valente (1) José Luís Sampedro (1) José Saramago (1) Juan García Hortelano (1) La Verbena de la Paloma (1) Lama das Quendas (1) Lambetadas (1) Laxeiro (1) Lectura (37) lectura. (3) Letras Galegas (30) Léxico (1) Liberdade (1) Librarías (2) Libros (22) Lingua Galega (35) Liniers (1) Literatura (1) literatura española (1) Literatura española S.XX (1) Literatura galega (1) Literatura século XIX (1) literatura século XX (1) literatura xuvenil (1) Lituania (1) Llibros de texto (1) Logopedia (1) Londres (1) Louis Armstrong (1) Louvre (1) Lugares sorprendentes (9) Lugo (9) Luís González (1) Luís Sagi-Vela (1) Macaco (1) Machado (1) Machismo (4) Madrid (1) Mafalda (1) Maios (1) Maltrato (1) maltrato. (1) Mandela (1) Manierismo. (1) manifesto (1) Manuel María (1) Manuel Pérez Tornero (1) Manuel Rivas (2) Mares (1) María Barcala (1) Masartísticas (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Medo (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mestres (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (8) Mochilas viaxeiras (1) Moda (1) Moldava (1) Mozart (1) muller rural (1) Mulleres (14) Mulleres Galegas (1) Mulleres na Historia (1) Museo del Prado (1) Museo provincial (1) Museos (7) Música (24) Música clásica (1) musica coral (1) Música española (1) Música francesa (1) Música galega. (1) música pop (1) música programática. (1) Música século XX (3) Música século XXI (1) Música. (1) Nacionalismo (1) Nadal (4) Natureza (6) Neira Vilas (1) Nenos (1) neoliberalismo (1) Normalización Lingüística (29) Nós (1) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (3) Novoneyra (4) O son da nosa fala (1) Ocio (1) Olga Rodríguez (1) Olimpiadas (1) One woman (1) ONU (1) ONU Mulleres (1) Ópera (2) Orfeón Lucense (1) Orquestra Xove (1) Outeiro (1) Outros blogues (12) Oviedo (1) PAAU (2) Pacifismo (1) Pais e Nais (2) Pan (1) París (2) Parlamento europeo (1) Pasamentos (3) Páscoa (1) Paz (3) Pedagogos (1) Pepe Coira (2) Pilocha (1) Pintura (4) Pintura española (1) pintura galega (1) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (2) Planeta (5) Plástica (1) Platón (1) poema sinfonico (1) Poesía (8) Poesía e poetas (7) Poesía galega (1) Poetas (8) Portugal (2) Prado (1) Praga (1) Premio Cervantes (2) Premio Cervantes Chico (1) Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil (1) Premio Nacional de Literatura (1) Premios (23) Premios Nobel (3) Premios. (1) Prensa (7) préstamo (4) Préstamos (1) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa de radio (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) Proxecto Fahrenheit 451 (1) proxecto lector (3) Publicacións (1) Publicidade (1) Purcell (1) Quijote (1) Química (1) Quino (1) Racismo (1) Racismo. (1) Radio na escola (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) rap (1) Reacciona (1) Real Academia Galega (1) Reciclaxe (1) Recomendamos (9) recortes (2) Redes sociais (1) redes sociais. (1) Relatos (16) Renacemento (1) Renovación Pedagóxica (1) Resumos (1) Roberto Vidal Bolaño (2) Rodari (1) Roma (1) Rosalía (2) Rosalía de Castro (1) Rtve (1) S. XIX (1) S. XX (1) Samaín (1) samba (1) San Froilán (3) San Valentín (10) scat (1) Scribd (5) Século XIX (1) Século XVI (1) Século XVII (1) Século XX (2) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Sitios web (1) Slides (17) Smetana (1) Solidariedade (6) Stéphane Hessel (1) Sufragistas (1) swing (1) Tabaco (1) Teatro (3) Televisión (1) Teresa Neri (1) Terra Cha (1) Terror (1) Terrorismo (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Tíscar Lara (1) Tomás Bretón (1) Traballo (1) Traballos colaborativos. (1) Tráfico (1) Traxe tradicional (1) Tundal (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidade de Vigo (1) Universidades (1) Vacacións (3) Val do Asma (1) Valentín Paz Andrade (1) vangardas (1) Verán (6) Verne (2) Vestimenta romana (1) Viaxes (3) Vídeos (26) Videos. (1) Viñetas (14) Violencia (8) violencia contra as mulleres (5) violencia de xénero (3) violencia xénero (1) Visitas (8) Xapón (1) Xeración dos cincuenta (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornadas bibliotecas (1) Xornalismo (1) Xosé María Díaz Castro (1) youtube (2) zarzuela (2)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.