"La matemática rigurosa se hace con la cabeza, la matemática hermosa se enseña con el corazón."
| (Claudi Alsina. Foto de El Español) |
Este domingo pasado faleceu Claudi Alsina (n. 1952, Barcelona), matemático e, por riba de todo, pedagogo e divulgador do coñecemento matemático e do ensino das Matemáticas.
Un dos pioneiros da divulgación matemática en España, traballou ó longo da súa carreira tratando de facer máis accesible e atractivas ás Matemáticas para o gran público, ademais de intentar aportar ideas para a mellora do ensino das mesmas nos centros de estudo.
Na nosa biblioteca podedes achegarvos á súa obra lendo "Vitaminas matemáticas: cien claves sorprendentes para introducirse en el mundo de los números" e "El club de la hipotenusa: un paseo por la historia de las matemáticas a través de sus anécdotas más divertidas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario