15/10/20

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía


A poesía galega, e en especial a escrita por mulleres,  parece estar en moi boa forma. Por segundo ano consecutivo, unha poeta galega obtén o Nacional de Poesía.

O xurado seleccionou Feliz Idade, de Olga Novo, poeta nacida hai 45 anos en Vilarmao, na Pobra do Brollón.

Parabéns á autora! 

29/09/20

 Sen dúbida, este será un comezo de curso moi diferente. 

Non esquezas a máscara!

17/05/20

Homenaxe a Carvalho Calero

Aínda que o confinamento por causa da covid19 impediu a edición e a montaxe do vídeo en homenaxe a Carvalho Calero que o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Río Miño de Rábade preparaba para estas datas, consideramos que o material gravado ten interese como para mostrármolo aquí.



23/03/20

Aulas galegas, recursos educativos na casa




Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro ante a situación de illamento provocada polo Covid-19.
Contén diferentes actividades clasificadas por cursos e materias, desde Infantil a Bacharelato e FP.
Tamén en Twitter.

06/03/20

Día da Muller

Como cada 8 de Marzo, tamén este ano sacamos os libros da Biblioteca para celebrar este Día




23/01/20

Axenda 2030

O 25 de setembro de 2015, 193 países nos comprometemos cos 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 
de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o año 2030.
 Os obxectivos perseguen a igualdade entre as PERSOAS, protexer o  PLANETA  e asegurar a PROSPERIDADE
como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible. Un novo contrato social global que 
 NON DEIXE NINGUËN ATRÁS.
 Unha España que acadase os ODS en 2030 será o país co que todos e todas soñamos.
Por iso, a Axenda 2030 está xa no centro da visión de Estado e da acción de Goberno.
Representa unna forma de actuar no mundo. Para acadar as metas de cada Obxectivo
TODO O MUNDO ten que facer a súa parte: os gobernos, o sector privado, la sociedade civil
e persoas coma TI.
    COMPÁRTEOS E ACTÚA! 

Entra aquí

22/01/20

A Compostela

O alumnado de 4º ESO acudiu onte a Santiago de Compostela para asistir á representación da obra Pelos na lingua, de Talía Teatro, nunha actividade extraescolar organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca do noso Instituto.
Acompañaron o grupo as profesoras Isabel Pardo e Marta López.


19/12/19

Fraguas

Un grupo de alumnos e alumnas, acompañados da profesora Isabel Pardo, visitan os paineis da exposición sobre Antonio Fraguas e a súa presenza en Lugo, dispostos no vestíbulo do Centro.

18/12/19

Antía Yáñez

A escritora burelesa  Antía Yáñez, autora de Senlleiras (2018), estivo no noso Centro o pasado martes para impartir unha charla-coloquio ao alumnado de bacharelato sobre a súa obra.


23/10/19

De novo, Astérix


En poucos días estará nas librarías (e tamén na nosa biblioteca) a nova entrega das historias de Astérix e Obélix, titulada A filla de Vercinxetórix.
Como xa é habitual, poderemos lela na nosa lingua ao mesmo tempo que noutras 20, esta vez grazas á editorial Xerais.


14/10/19

Día das Escritoras

Hai algúns anos que se vén celebrando este día, por iniciativa, entre outros, da Biblioteca Nacional coa idea de recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e loitar contra a discriminación histórica que sofren as escritoras, na súa condición de autoras e mulleres.
Desde 2016 celébrase anualmente no luns máis próximo á data da festividade de Santa Teresa de Xesús, cada 15 de outubro, e este ano corresponde celebrármolo no día de hoxe.
Pero, como tantas veces sucede, combater calquera discriminación e ler non debe ser flor dun día.


03/06/19

Guitiriz


O pasado xoves, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Río Miño de Rábade visitaron co alumnado do IES de Guitiriz a casa do poeta Xosé María Díaz Castro.


24/05/19

Calendario



Daniela Vázquez Zapata (esquerda) e Paula López Carpintero, alumnas de 4ºESO do noso Centro e autoras do deseño do calendario conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019, recollen os diplomas acreditativos do premio outorgado polo Equipo de Normalización Lingüística.

14/05/19

Día das Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

O alumnado de 4º ESO contribuíu á celebración do Día das Letras Galegas co seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas Fraguas.

08/05/19

Visita


Igual que nos últimos cursos, onte o alumnado de 4ºESO do noso centro visitou a Casa-Museo de Manuel María  en Outeiro de Rei. Acompañaron o grupo as profesoras Isabel Pardo e Marta López.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.