09/06/26

Como se di poñer “en negrita” unha palabra? Formas de destaque en galego



 Cando redactas un documento en Word, un correo ou unha publicación e queres destacar unha palabra, probablemente pensas en poñela *en negrita, mais esa expresión non é galega.

 A nosa lingua ten os seus propios termos para todas as formas de destaque tipográfico. Vexámolos un por un neste artigo de As Chaves da Lingua.

Letra grosa

En galego, o que o castelán é negrita denomínase letra negra ou letra grosa. Son as letras de maior grosor que usamos para destacar palabras importantes nun texto.

As palabras principais do texto aparecen en letra grosa.
Pon o título en negra para que destaque.

Letra cursiva

Aquí o galego ten dúas formas igualmente correctas: cursiva itálica. Refírense á letra inclinada que se usa para títulos de obras, estranxeirismos, citas ou para dar énfase a algunha palabra.

Os exemplos deste dicionario están escritos en cursiva.
Escribiu a cita en itálica.

Subliñado

subliñado é a liña que aparece baixo o texto para chamar a atención sobre el. En galego fórmase de xeito transparente: sub– (baixo) + liña, igual que submarino ou subterráneo. Non hai escusa para dicir *subraiado.

Non abuses do subliñado. Perde efecto se aparece en demasiados lugares.

Versaleta

versaleta é un tipo de letra que ten a forma das maiúsculas pero o tamaño das minúsculas. Úsase moito na escrita dos números romanos, nas siglas ou para efectos estéticos en títulos.

Os títulos de cada capítulo están escritos en versaleta.

Subíndice e superíndice

subíndice é o texto de menor tamaño que aparece lixeiramente por baixo da liña de escritura normal, mentres que o superíndice é o que aparece por riba. Úsanse en fórmulas químicas, matemáticas, notas ao pé e abreviaturas.

Na fórmula da auga, o 2 vai en subíndice: H₂O.
As notas ao pé márcase cun número en superíndice.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.