04/12/25

Nova app de Patrimonio Galego



Desde hoxe contamos cunha novidade importante para quen ama o patrimonio galego: a nova app de http://patrimoniogalego.net, pensada para consultar e interpretar o territorio directamente desde o móbil. 

Foi desenvolvida por Manuel Gago @navoltadafolla.
A app dá acceso a máis de 620.000 bens culturais —material e inmaterial— procedentes de diversas fontes oficiais. É unha ferramenta que quere amosar Galicia como unha auténtica paisaxe cultural.

📍 Xeolocalización Permite ver no mapa: • as fichas xeolocalizadas de patrimoniogalego.net • a microtoponimia do proxecto #GaliciaNomeada da • o Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia
• e tamén localizar os bens máis próximos ao usuario

🗺️ Cartografía Inclúe varias vistas para comprender mellor o territorio: • OpenStreet • imaxes satelitais • mapa de pendentes elaborado coa capa LiDAR da Xunta.

📱 Funcionalidades da app • busca ultrarrápida • filtrado por tipoloxías • localización do acceso • asistente de intelixencia artificial para interpretar o territorio • modo de realidade aumentada en dúas opcións: – preto e lonxe.

E ademais...

✈️ Incorporación do voo de 1956 ⛰️ Mellora na visualización do terreo (sombreado) ⛅ Previsión meteorolóxica para cada ben nas vindeiras 24h 🏛️ As fichas da Xunta están vinculadas á documentación 🔗 Compartir as fichas

📲 Podes descargala ou consultala aquí: patrimoniogalego.net/app/
E xa sabes, comparte todo o fío para divulgar mellor.


Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.