05/03/24

Máis Bases

O IES Félix Muriel de Rianxo quere homenaxear a vertente máis humanista de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e por este motivo puxo en marcha un certame artístiico que rende tributo ao escritor, debuxante e político rianxeiro botando man dunha das súas contribucións máis recordadas: os relatos ilustrados da serie Cousas. “Trátase dun concurso artístico que necesariamente ha de ser literario mais tamén plástico, pois así son asCousas”, explican dende o IES rianxeiro.

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca serán os encargados de dinamizar e difundir o certame, ademais de buscar persoas ou entidades dispostas a soster economicamente este premio.

O Departamento de Lingua Galega encargarase de levar ás aulas o estímulo necesario para que o alumnado se sinta motivado a participar no certame, aplicando a educación literaria á propia vida e propiciando unha aprendizaxe significativa da literatura galega.

O grupo de traballo Ekos, formado por alumnas e alumnos de segundo de Bacharaleto é o responsábel das bases, deseño e presentación desta primeira convocatoria do certame.

 Enlace á web do certame: https://certame-cousas97.webnode.pt/

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.