10/06/10

Premio

Acaban de concedernos un novo premio, e iso é algo que nos enche de orgullo e satisfacción. Como non.
O blog que o concede explica que nos distingue "Porque a rapazada deste instituto amosa a quen queira velo que o Galego é un idioma vivo, vello pero novo, con historia e con futuro, para pensar, para falar e para vivir, “de letras” e “de ciencias”, para ser e para estar".
Cuns argumentos coma estes, a satisfacción e o orgullo son dobres.
Sinceramente, grazas.

3 comentarios:

Suso dixo...

Parabéns desde o departamento de Matemáticas.
Saúdos a todo o equipo.

Ronsel dixo...

Parabéns, pero... ¿está en castelán?

AMADO MIO dixo...

Sí, amigo Ronsel, e debería estar en galegó, como a túa retórica pregunta suxire tan galega e irónicamente.
Serva de desculpa que os diplomas foron deseñados previamente e, chegado o momento de adxudicalos, só se cubriron as liñas específicas dos destinatarios. Como ves, na mtivación empregamos xa o Galego.
"El blog de Amado" está en castelán porque se fixo para ser visitado por xentes de acá de acolá, e coidamos que en castelán podería "sair" máis doadamente de Galicia para o mundo...agora non o teño tan claro (¿e Brasil, por exemplo, de fala tan parecida, aínda máis ca o portugués?), e estamos a pensar en pasarnos ao Galego xa (como xa fixemos có outro noso blog, "O acuario de Iñaki"). Porque quen queira ven podería entende-lo galego escrito, porque os nosos blogueros son xente respetuosa e amante da viva riqueza lingüística e terán unha gozada engadida a de navegar entre as ondas que o galego surca, gañando no camiño o vento fresco dunha apredizaxe leda.
Un abrazo

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.