22/10/09

Entrevista? Non, grazas

Queridos nenos e nenas:
O vídeo que veredes a seguir debería ser unha entrevista televisiva que un xornalista experimentado realiza a alguén que é noticia (en concreto o profesor Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística); sen embargo, e como podedes comprobar, o xornalista deixa de lado a súa obxectividade para discutir (cando non reprender ou abroncar) as opinións do seu invitado nunha televisión pública.
Colgamos este vídeo lamentable no noso blog para que todos aprendamos que cousas non se deben facer nunha entrevista, como non se debe tratar un entrevistado, que tipo de comportamentos e actitudes non son corteses nin educadas entre persoas, até que punto a grosería e a intolerancia nos repugnan.




3 comentarios:

Carlos Miguez dixo...

¿Queridos nenos e nenas?... Qué vergüenza de entrada en un blog escolar. Esto sí que es una lamentable manipulación, un indigno uso de un recurso educativo para intentar dirigir las conciencias de los chavales. Seguramente, nunca tendréis la suficiente valentía para poner en la picota las exigencias incompatibles con la libertad de los nacionalistas como Callón. Si algún alumno de vuestro centro lee esto, que sepa que el objeto de esta entrada no es ni más ni menos que sugerir que la libertad de expresión de un periodista debe estar restringida. Increíble, de verdad.

Suso dixo...

En absoluto poido estar de acordo coa insinuación do comentario anterior de manipulación. Hai algo que se chama ironía e que destila a mares na entrada. De todas formas, tamén me declaro manipulador indigno promotor da falta de liberdade e sen valentía (tal como di o anterior comentarista) opino que este é un exemplo perfecto de como non se debe facer unha entrevista. Porque postos a criticar, que ten que ver a manifestación contra o aborto coa manifestación de Santiago? Acaso o "entrevistador" non sabe que son cousas distintas?
Para rematar, Carlos, unha cousa é comentar e outra ben distinta dirixir as conciencias dos nosos alumnos, que distan moito de ser uns borregos que se deixen levar con calquera cousa. Igual algúns pensades que tomar á xente por parva é o normal, pero no sector da educación é unha das últimas cousas que nos pasa pola cabeza, e menos cos alumnos.
Ánimo e continuade así, Ponte Vella!

Anónimo dixo...

A MIN NO ME PARECEU MAL A ENTREVISTA. CALLON DEFENDEUSE BEN, ESTIVO MAGNIFICO COMA SEMPRE, PERO O PRESENTADOR TAMEN O FIXO BEN. ¿ACASO QUEREMOS A PRESENTADORES TIPO DESES QUE NON FAN "RE-PREGUNTAS" DO EDUCADISISIMOS QUE SON... E O PREGUNTADO RESPOSTA O QUE QUERE E NON O QUE SE LLE PREGUNTA? NON ÁS PREGUNTAS POLITICAMENTE CORRECTAS. DAME IGUAL O TENDENCIOSAS DELAS... CALLON SABESE DEFENDER DE SOBRA.E EU, APRENDIN E ENTRETIVENME.ISTO É A TELEVISION!! NON É A ROLDA POSTERIOR AO CONSELLO DE MINISTROS NON QUE NON HAI POSIBILIDADE DE PREGUNTAR E OS POLITICOS TOMANLEL O PELO AO PERSONAL E AOS XORNALISTAS.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.