O xoves 28.11.2024 tivo lugar o Obradoiro de Ciencia na Biblioteca do noso Centro, nel puidemos experimentar e dar resposta a moitas cuestións da nosa vida cotiá e curiosidades dos obxectos que nos rodean:
- Como acender unha bombilla sen ningún tipo de cables nin enchufes, simplemente cun imán e a nosa man?Grazas á bobina de Tesla.
- Como transmitirlle unha orde a un limón para que reproduza un son.
- Que é un transistor? A base da informática actual.
- Como podemos verter diferentes líquidos nun recipiente sen que se mesturen? Como facer unha columna de densidade?
- Como reproducir na casa a fonte de Herón de Alejandría?
- Que fai o poliacrilato de sodio? A maxia do poder de absorción dos pañais.
- Que podemos facer co xerador de Van de Graaf? Póñenseme os pelos de punta!!!
- Para que serve o Nitinol? Cómo reparar as nosas arterias cun Stent?
Ningún comentario:
Publicar un comentario