08/04/24

Contra as velutinas


 Xa é tempo para poñer trampas para as velutinas. De momento hai poucas, porque cando máis se ven é no verán, pero esas de verán son obreiras; agora cázanse máis mestras. E por cada mestra cazada hai un niño que aforramos. Aquí podemos ver un pdf que explica como facermos trampas respectuosas co medio ambiente e cos outros insectos que non son velutinas e non teñen culpa.


As abellas e a vosa despensa, agradécenvolo de corazón.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.