O Departamento de Lingua e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro convocan conxuntamente un Concurso de Relatos Curtos destinado ao alumnado da ESO do IES de Rábade, e que se celebrará presencialmente nos diferentes grupos ao longo da semana do 25 ao 29 de abril, última deste mes.
Concederanse dous premios por nivel, isto é: Nivel 1 para o alumnado de 1º e 2º de ESO, e nivel 2 para o alumnado de 3º e 4º de ESO. Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 20€ para material escolar para o primeiro clasificado/a, e de diploma e vale de 15€ para material para o segundo clasificado/a en cada categoría.
O concurso consistirá na selección dun relato orixinal, de tema libre, que o alumnado escribirá en galego no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e nese relato breve incluiranse as seguintes palabras ou expresións, que irán subliñadas no texto:
faiado, verme, doado, souto, amizade, lura.
Os premiados daranse a coñecer na semana das Letras Galegas (dedicada a Florencio Delgado Gurriarán). Os relatos premiados publicaranse en Ponte Vella, o blog da Biblioteca do noso Centro.
O xurado estará composto por membros do EDNL e o seu fallo será inapelable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario