9/6/15

Un único soño

E a seguir publicamos o relato que obtivo o segundo premio no concurso das Letras Galegas do Instituto. A súa autora é Anabel Cruz Ribeiro, alumna de 1ªESO-B. 
Parabéns.


Ás veces as persoas temos moitos soños e vivimos desexando que se cumpran algún día, pero unha rapaza duns dez anos dunha vila do norte de Galicia chamada Xulia, ten un único soño: poder vivir nun mundo no que non haxa guerras, desigualdades, pobreza… E ela quere loitar por el cando sexa maior. A Xulia non lle gusta ver o telexornal porque se pon moi triste ao ver tanta xente pelexándose, roubando, matando…

-Papá, por que a xente e tan mala? -pregúntalle Xulia sempre ao seu pai.

-Esa é unha boa pregunta, pero eu non sei como contestarcha -dille case sempre seu pai.

Moitas noites Xulia vai chorando para a cama pensando en toda a xente que non ten onde durmir nin nada que comer. Un día normal de escola, Xulia vístese para ir a escola algo triste polo que escoitou onte na radio, ían desaloxar unha familia de Lugo por non poder pagar o aluguer do piso.

-Bos días -saudou Xulia á súa mellor amiga, Gloria.

-Bos días Xulia, nótote un pouco triste, é polo que dixeron onte na radio?

-Si, xa sabes que me da moita pena iso.

-Pois téñoche unha boa noticia, a miña tía formou una ONG, chámase “Unidos por un mundo mellor”. Se queres, podes formar parte dela, só tes que ir ao lugar no que está e pedirlles que che fagan socia.

Xulia botou toda a mañá moi contenta pensando no que lle dixera Gloria. Pola tarde cando acabou de estudar foi a ONG e pediulles que a fixeran socia pero dixeron que non podían porque era menor de idade. Xulia moi desilusionada volveu para a súa casa cos ollos cheos de lágrimas. Cando ía abrir a porta atopouse con seu pai, seu pai notoulle que lle pasaba algo e díxolle que fora para ao seu cuarto que ían falar do que lle pasaba.

-Que che pasa tesouro? Sabes que me tes aquí para o que sexa; anda, dime que che pasa.

-É que Gloria me dixo que a súa tía formara unha ONG e que eu podía formar parte dela. Pero cando fun alí para formar parte dela dixéronme que non podía ata que fora maior de idade -dicía Xulia chorando.

-Tranquila, non te preocupes. Se te fai máis feliz podo facerme socio eu e doar uns poucos cartos todos os meses para a xente que máis o necesita, dixo o pai cun pequeno e tímido sorriso para que a súa filla se alegrase un pouco.

-Farías iso por min? Moitas grazas papá, es o mellor pai de todo o mundo, quérote moito -dicía Xulia xa máis tranquila e contenta.

-Eu tamén te quero, corazón.

Xulia, xa máis tranquila baixou a xogar ao xardín o pouco que quedaba de tarde. Cando chegou a hora de cear entrou na casa cun sorriso amplo e foi lavar as mans antes de sentarse á mesa; cando chegou á cociña estaban dando o telexornal e ao velo borróuselle o sorriso que tiña na cara, o seu pai notoullo e cambiou rapidamente de canal pero a noticia xa estaba gravada na súa mente: dezaoito persoas mortas nun atentado.

-Xulia, contra iso non se pode facer nada.

Pero Xulia non o escoitou e foise para a cama sen comer, chorando. Gustaríalle que as persoas se concienciaran do dano que fan cando fan esas cousas e que a xente que pode intentar paralos faga algo.

Pasaban os días e Xulia seguía triste porque no telexornal non saían máis que roubos, atentados… Como o pai de Xulia vía que ela seguía triste, decidiu formar parte dunha asociación para enviarlle alimentos á xente dos países pobres; facendo isto conseguiu animala un pouco.

-Moitas grazas, papá, es o mellor do mundo.

-E ti a mellor filla -dicía o pai despois dun forte abrazo.

Pasaban os días, os meses… e estas cousas non paraban e Xulia concienciouse de que ela non podía facer nada contra iso a parte de que era moi pequena. Fíxose unha promesa a si mesma: cando fose maior ía estudar medicina e ía ir a traballar aos países países máis necesitados.

Co tempo Xulia medrou e, agora, xa era unha muller. Estudou medicina como prometera hai tempo e agora estaba traballando nos países pobres e tamén formaba parte dunha ONG que repartía alimentos e roupa. No seu tempo libre tamén escribe historias, esta escribiuna ela e dedícalla ao seu pai que recentemente faleceu.

Papá, esta historia só é unha pequena parte da nosa historia. Moitas grazas por axudarme sempre e á xente necesitada cando eu cho pedía. Un bico moi grande: nunca te olvidarei, sempre estarás ocupando un oco moi importante no meu corazón.
Asinado: Xulia

No hay comentarios:

Etiquetas

15 M (1) 25 de novembro (4) 8 de marzo (2) 8 de marzo. (1) A Coruña (2) Abe Rábade (1) académicos (1) Actividades (12) Actuacións (1) Acuarelas (1) Agustín Fernández Paz (2) AI (1) Alfonso X. (1) Alimentos (1) Amadeo Vives (1) Amor (4) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación (2) Animación á lectura (15) Animacion na escola (1) Animais (1) Aniversarios (2) Antonio Gamoneda (1) Antonio Heredero (1) Antonio Rodríguez Menéndez (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aproveitamento de recursos (1) Aquilino Iglesia (1) Arde Lucus (1) Aristóteles (1) Arte (3) Astrid Lindgren (1) Astronomía (9) Avaliación (1) Avós (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Benvida (3) Biblioteca (14) bibliotecas (6) blues (1) boletíns (3) bossa nova (1) Búsqueda de informacion (1) Búsqueda de información (1) Caballero Bonald (1) calipso (1) Cambio climático (2) Camiño de Santiago (1) Campañas (5) Canarias (1) Cancro infantil (1) cantantes (1) Cantar delas (1) Cantautores (1) Cantigas (1) capitalismo (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Casa da Xuventude (1) CDU (1) Celanova (1) Celebración (50) Celso Emilio (1) Celta (1) Centro Fingoi (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Chantada (1) Charlie Brown (1) Charlie Hebdo (1) Charo Sánchez-Gabriel (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (6) Cine (15) Cine clásico. (1) Cine e libros (1) Cine educativo (1) Clara Campoamor (1) Claude Debussy (1) Claudio Rodríguez (1) Comic (3) Comida (1) Compostela (3) Concello de Lugo (1) concertos (3) Concursos (28) Conferencias (2) Congresos (2) Conmemoración (1) conmemoracións (2) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convidados (1) Convocatorias (6) Coral Casablanca (1) Correlingua (4) Cortázar (2) Count Basie (1) Courel (1) CPI Dices Rois (1) crise (2) Crispín d'Olot (1) critica musical. (1) Críticos cine (1) Cultura (5) Cultura romana (1) Curie (1) Curso 2013-2014 (1) Curso 2014-2015 (1) Curtas (2) Daniel Casssany. (1) Deporte (1) Deporte e lectura (1) Dereitos humanos (3) Día da Muller Traballadora (2) Día das bibliotecas (1) Día de Rosalía (1) Día do Libro (2) Día dos Museos (1) Día dos Namorados (2) Día Internacional da Muller (2) Difusión (1) Dignidade. (1) Dinamización (1) Discriminación (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Doris Lessing (1) Doutor Honoris Causa (1) Duke Ellington (1) Educación (1) educación sensorial. (1) El Greco (1) El País (1) El Quijote (1) Ella Fitzgerald (1) Encontros (6) Enderezos (1) ensinanzas artísticas (1) ensino (1) Ensino público (1) Escritores (1) Escritores Galegos (1) Escuela de Lectura de Madrid (1) Estados Unidos (2) estatísticas (10) Estatuas (1) Estudos cinematografía (1) Exposicións (10) exposicións. (1) F.C.Barcelona (1) Fabio Tropea (1) Familias (1) familias. (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) feminismo (2) Fernández Paz (3) Fernando G.Jácome (1) Festas (1) Física (1) Flora e fauna (2) fomento da lectura (2) fondos (1) Forges (5) Formación (1) Formación de usuarios (4) formas musicales (1) Fotografía (1) Fotos (15) Fotos antigas (1) Franquismo (1) Freinet (1) Fundación Germán Sánchez Ruipérez (1) Fútbol (1) García Lorca (1) Georges Gershwin (1) Georges Moustaki (1) Globalización (1) gospel (1) Grecia (1) Guerra (1) Guía de Nadal (1) Guías (21) Guionistas (1) Haendel (1) Haydn (2) Historia (3) Historia contemporánea (2) Historia da Música (1) Historia de España (1) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES As Barxas (1) IES As Mariñas (1) IES Pazo da Mercé (1) IES Poeta Díaz Castro (1) IES Río Cabe (1) igualdade (4) Igualdade de oportunidades (1) Indignádevos (1) Industria fonográfica (1) información familias (1) Instituto Cervantes (1) Internet (4) investigación (1) Jaime Gil de Biedma (1) Jazz (2) Jean_Luc Martínez (1) Jordi sierra i Fabra (1) José Ángel Valente (1) José Luís Sampedro (1) José Saramago (1) Juan García Hortelano (1) La Verbena de la Paloma (1) Lama das Quendas (1) Lambetadas (1) Laxeiro (1) Lectura (37) lectura. (3) Letras Galegas (30) Léxico (1) Liberdade (1) Librarías (2) Libros (22) Lingua Galega (35) Liniers (1) Literatura (1) literatura española (1) Literatura española S.XX (1) Literatura galega (1) Literatura século XIX (1) literatura século XX (1) literatura xuvenil (1) Lituania (1) Llibros de texto (1) Logopedia (1) Londres (1) Louis Armstrong (1) Louvre (1) Lugares sorprendentes (9) Lugo (9) Luís González (1) Luís Sagi-Vela (1) Macaco (1) Machado (1) Machismo (4) Madrid (1) Mafalda (1) Maios (1) Maltrato (1) maltrato. (1) Mandela (1) Manierismo. (1) manifesto (1) Manuel María (1) Manuel Pérez Tornero (1) Manuel Rivas (2) Mares (1) María Barcala (1) Masartísticas (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Medo (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mestres (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (8) Mochilas viaxeiras (1) Moda (1) Moldava (1) Mozart (1) muller rural (1) Mulleres (14) Mulleres Galegas (1) Mulleres na Historia (1) Museo del Prado (1) Museo provincial (1) Museos (7) Música (24) Música clásica (1) musica coral (1) Música española (1) Música francesa (1) Música galega. (1) música pop (1) música programática. (1) Música século XX (3) Música século XXI (1) Música. (1) Nacionalismo (1) Nadal (4) Natureza (6) Neira Vilas (1) Nenos (1) neoliberalismo (1) Normalización Lingüística (30) Nós (1) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (3) Novoneyra (4) O son da nosa fala (1) Ocio (1) OCU (1) Olga Rodríguez (1) Olimpiadas (1) One woman (1) ONU (1) ONU Mulleres (1) Ópera (2) Orfeón Lucense (1) Orquestra Xove (1) Outeiro (1) Outros blogues (12) Oviedo (1) PAAU (2) Pacifismo (1) Pais e Nais (2) Pan (1) París (2) Parlamento europeo (1) Pasamentos (3) Páscoa (1) Paz (3) Pedagogos (1) Pepe Coira (2) Pilocha (1) Pintura (4) Pintura española (1) pintura galega (1) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (2) Planeta (5) Plástica (1) Platón (1) poema sinfonico (1) Poesía (8) Poesía e poetas (7) Poesía galega (1) Poetas (8) Portugal (2) Prado (1) Praga (1) Premio Cervantes (2) Premio Cervantes Chico (1) Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil (1) Premio Nacional de Literatura (1) Premios (23) Premios Nobel (3) Premios. (1) Prensa (7) préstamo (4) Préstamos (1) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa de radio (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) Proxecto Fahrenheit 451 (1) proxecto lector (3) Publicacións (1) Publicidade (1) Purcell (1) Quijote (1) Química (1) Quino (1) Racismo (1) Racismo. (1) Radio na escola (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) rap (1) Reacciona (1) Real Academia Galega (1) Reciclaxe (1) Recomendamos (9) recortes (2) Redes sociais (1) redes sociais. (1) Relatos (16) Renacemento (1) Renovación Pedagóxica (1) Resumos (1) Roberto Vidal Bolaño (2) Rodari (1) Roma (1) Rosalía (2) Rosalía de Castro (1) Rtve (1) S. XIX (1) S. XX (1) Samaín (1) samba (1) San Froilán (3) San Valentín (10) scat (1) Scribd (5) Século XIX (1) Século XVI (1) Século XVII (1) Século XX (2) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Sitios web (1) Slides (17) Smetana (1) Solidariedade (7) Stéphane Hessel (1) Sufragistas (1) swing (1) Tabaco (1) Teatro (4) Televisión (1) Teresa Neri (1) Terra Cha (1) Terror (1) Terrorismo (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Tíscar Lara (1) Tomás Bretón (1) Traballo (1) Traballos colaborativos. (1) Tráfico (1) Traxe tradicional (1) Tundal (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidade de Vigo (1) Universidades (1) Vacacións (3) Val do Asma (1) Valentín Paz Andrade (1) vangardas (1) Verán (6) Verne (2) Vestimenta romana (1) Viaxes (3) Vídeos (26) Videos. (1) Viñetas (14) Violencia (8) violencia contra as mulleres (5) violencia de xénero (3) violencia xénero (1) Visitas (8) Xapón (1) Xeración dos cincuenta (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornadas bibliotecas (1) Xornalismo (1) Xosé María Díaz Castro (1) youtube (2) zarzuela (2)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.