30/05/13

Adolescentes e violencia machista

      Enlazamos un interesante artículo publicado no xornal  El País do 29-05-2013, que trata da violencia machista nas parellas de adolescentes.
      Segundo os datos aportados polos centros especializados en atención a malos tratos, os casos xudiciais aumentan entre as rapazas de 15 a 17 anos, rexistrándose algúns xa desde os 12 ou 13.
      A situación ben merece unha reflexión. Roles que parecían superados, volven a ser asumidos polas nosas adolescentes, que non saben establecer os límites soportables nunha relación. Por outra parte, algúns patróns de conduta que aporta a vida real e os medios de comunicación son erróneos  e non contribúen ao correcto desenvolvemento da dignidade da persoa.
      Contra todo iso, a única ferramenta ao noso alcance é a educación en igualdade. 



3 comentarios:

Anónimo dixo...


Estou de acordo que hai que educar en igualdade.O problema está en que as persoas que educan teñen uns estereotipos sexistas e machistas asumidos.Polo tanto as novas xeracións non se modifican...

Anónimo dixo...

Afortunadamente, non todos os educadores teñen estereotipos machistas (eu diría que son una minoría), tampouco non hai que xeneralizar.

Anónimo dixo...


Non estou para nada de acordo co comentario da persoa anterior.Incluso a xente nova ten moitos prexuizos e existe moita discrimnación, imaxínate coa xente maior...Xa os nenos non queren xogar con balóns rosas...qué tontería!!

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.