04/12/12

Caballero Bonald, Premio Cervantes 2012

José Manuel Caballero Bonald, (Jerez de la Frontera, 1926), poeta, novelista e ensaísta foi galardoado co Premio Cervantes 2012. Este mérito é o máis grande en lingua castelá e concédeo o Ministerio de Cultura a proposta das 22 Academias da Lingua de fala hispana, cunha dotación de 125.000 €.
Caballero Bonald  pertence á xeración do cincuenta", da que forman parte autores como Antonio Gamoneda, Juan García Hortelano, Ángel González, Jaime Gil de Biedma, José Ángel Valente e Claudio Rodríguez. Da súa extensa obra,  destaca a poesía, que el define como unha "mezcla de música e matemáticas", cuxo último traballo  vén de publicar: unha autobiografía nun só poema de 3.000 versos titulada Entreguerras.
A fundación que leva o seu nome ten como finalidade a conservación e difusión da súa obra e a promoción da cultura en xeral e da literatura en particular.
Se queres ler a súa poesía, entra aquí. 
Esta é unha mostra dela:

Espera


Y tú me dices

que tienes los pechos vencidos de esperarme,

que te duelen los ojos de tenerlos vacíos de mi cuerpo,
que has perdido hasta el tacto de tus manos
de palpar esta ausencia por el aire,
que olvidas el tamaño caliente de mi boca.

Y tú me lo dices que sabes
que me hice sangre en las palabras de repetir tu nombre,
de golpear mis labios con la sed de tenerte,
de darle a mi memoria, registrándola a ciegas,
una nueva manera de rescatarte en besos
desde la ausencia en la que tú me gritas
que me estás esperando.

Y tú me lo dices que estás tan hecha
a este deshabitado ocio de mi carne
que apenas sí tu sombra se delata,
que apenas sí eres cierta
en esta oscuridad que la distancia pone
entre tu cuerpo y el mío.

Ningún comentario:

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.