Cúmprense os cen anos da concesión do premio Nobel de Física a Marie Curie (1867 - 1934), unha das únicas dúas persoas que recibiron dous Nobel en dúas diferentes disciplinas: o de Química (en 1903, xunto ao seu marido Pierre, en recoñecemento aos seus extraordinarios servizos e achados no fenómeno da radiación descuberto por Becquerel) e o xa citado de Física (en 1911, recoñecéndolle os méritos para os avances da Química co descubrimento do radio e o polonio, polo aillamento do radio e os estudos sobre a súa natureza e compostos).
O outro dobremente premiado en dúas disciplinas diferentes foi Linus Pauling, cos premios Nobel de Química (1954) e da Paz (1952) pola súa oposición ás probas nucleares terrestres.
Houbo asimesmo outros dous laureados dúas veces con senllos Nobel, pero na mesma disciplina: John Bardeen, en Física, e Frederick Sanger, en Química.
Ningún comentario:
Publicar un comentario