En 1609 Galileo mirou o ceo por primeira vez a través dun telescopio. Catrocentos anos despois conmemórase o Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA 2009), que será unha celebración global das contribucións da Astronomía á sociedade e á cultura. Un dos seus obxectivos principais é estimular, en todo o mundo, o interese pola Astronomía e pola ciencia en xeral, especialmente entre a xente nova.
É unha boa ocasión para familiarizarse con algunha das constelacións máis importantes e fermosas do noso ceo nocturno. Nestas frías noites invernais serán protagonistas as constelacións de Orión, Gemini e Taurus. A Vía Láctea cruza desde Orión ata a constelación de Aquila, pasando por Auriga, Perseus, Cassiopeia, Cepheus e Cygnus.
Entre os meses de Novembro e Febreiro, podemos localizar facilmente a preciosa constelación de Orión, unha das xoias máis marabillosas do ceo, formada por estrelas moi brillantes. Destacan a estrela vermella Betelgeuse a 466 anos luz, que é unhas 400 veces máis grande có Sol, e Rigel, de cor azul claro, a 1305 anos luz.

No medio do cuadrilátero vemos as chamadas tres Marías ou cinturón de Orión formadas por Mintaka, Alnilam y Alnitak, todas de cor azul.
A partir de Orión, se imaxinamos unha liña que parta do cinturón de Orión cara ó leste localizaremos a estrela máis brillante do ceo, chamada Sirio ou Sirius, na constelación do Can Maior ou Canis Major.
Se a partir do cinturón de Orión a liña imaxinaria a diriximos en sentido contrario a Sirius, chegaremos a Aldebarán, da constelación do Touro ou Taurus. E se continuamos a liña chegaremos a localizar as sete cabritiñas ou Pléiades.

Con Orion de fronte, e seguindo a liña desde unha das estrelas do cinturón de Orión en dirección a Betelgeuse, chegaremos a localizar a unha distancia dunhas catro veces a Castor, que xunto con Pollux forma parte da fermosa constelación dos Xemelgos ou Gemini.
Localizamos a Osa Maior ou Ursa Major.
A partir da Osa Maior podemos localizar unha estrela amarela chamada Capella, na constelación do Cocheiro ou Auriga. Capella ten a mesma cor co noso Sol, e atópase a 44 anos luz.
Logo mentalmente debuxamos unha liña imaxinaria que una as dúas estrelas máis brillantes da Osa, que corresponden ás estrelas Dubhe, de cor laranxa claro, e Merak, de cor branco; prolongámola cinco veces e atoparemos a estrela polar ou Polaris, de cor amarelo claro, na constelación da Osa Menor, ou Ursa Minor.
Localizadas a Osa Maior e a Osa Menor, encontramos Casiopea na parte diametralmente oposta á Osa Maior. Segundo a época do ano en que a observemos, terá forma de M ou forma de W.A partir da Osa Maior podemos localizar unha estrela amarela chamada Capella, na constelación do Cocheiro ou Auriga. Capella ten a mesma cor co noso Sol, e atópase a 44 anos luz.
1 comentario:
Moi interesante e bonito
Publicar un comentario