21/03/21

No Día da Poesía, un poema de Xela Arias


Tal couza na estructura do edificio

destruí-lo noxo,

o que te anoxa.

Coma un fío de auga quixeras atravesalo todo,

regato

nos cons de illa ben dotada.

De Intempériome

20/03/21

Equinoccio de primavera

Hoxe sábado comezamos (exactamente ás 10.37 h.) unha nova estación co equinoccio de primavera no hemisferio norte e o de outono no hemisferio sur.

Este ano a primavera durará 92 días e 18 horas, e terminará o vindeiro 21 de xuño, co inicio do verán (no hemisferio norte, claro).

Os equinoccios, tanto de primavera como de outono, son os momentos do ano en que o Sol está situado no plano do ecuador celeste. O día e a noite teñen nesa posición case a mesma duración. En realidade, o número de horas de luz e de escuridade este ano igualouse no equilux do pasado 17 de marzo.

01/03/21

Hai 40 anos, o 28 de febreiro de 1981, morría Álvaro Cunqueiro

 


"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis". ”

24/02/21

Celebremos o Día de Rosalía, un ano máis!

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021

 

Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto… miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.

Así comeza o Manifesto. Se o queres ler enteiro, entra aquí

23/02/21

Os dous de sempre

Na categoría de alumnado de 4ºESO e Bacharelato do Concurso de Contacontos na Rede organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño resultou vencedor o seguinte traballo de Pablo Rosón, Diego Rodríguez Campo e Pablo Rodríguez Rigueiro a partir dun fragmento d' Os dous de sempre, de Castelao. 


Moléculas de ADN: Modelos realizados polo alumnado de 4º de ESO


 

22/02/21

O raposo e o lobo

Con este relato, Uxía Moreno obtivo o 1º Premio no Concurso de Contacontos organizado polo Equipo de Normalización Lingüistica do IES Río Miño

Contacontos: Traballo de Noa López Follana

Na categoría de alumnado de 1, 2º e 3º de ESO Concurso de Contacontos na Rede organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño obtivo o 2ºpremio o seguinte traballo de Noa López Follana

18/02/21

Premio do Concurso de Contacontos IES RÍO MIÑO

 Acaba de fallarse o Concurso de Contacontos a través da Rede, convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Río Miño en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Desde aquí queremos felicitar ao alumnado clasificado. Nos próximos días iremos publicando neste mesmo blog da Biblioteca os vídeos e audios cos traballos premiados.


No 1º NIVEL (Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO) as premiadas foron:

1º PREMIO (50€ en material escolar): UXÍA MORENO FREIRE (3ºB) co conto: "O raposo e o lobo".

2º PREMIO (40€ en material escolar): NOA LÓPEZ FOLLANA  (3ºB) polo seu conto.


No 2º NIVEL (Alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharaleto) os premiados foron:

1º PREMIO (50€ en material escolar): PABLO ROSÓN FERNÁNDEZ, DIEGO RODRÍGUEZ CAMPO e  PABLO RODRÍGUEZ RIGUEIRO cun relato teatralizado sobre un fragmento da novela de Castelao   Os dous de sempre.

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.