O 25 de abril do 1917 nacía en Virginia (USA) Ella Fitzgerald. A súa orixe humilde (filla dunha lavandeira e dun condutor de tren que abandonou a ambas) condicionou o seu carácter e os seus difíciles comezos, que pasaron por problemas coa policía e estancias nun reformatorio.
Desde moi pequena tiña afección pola música e o baile. Cantou nun coro parroquial, aprendeu a tocar o piano e escoitou con entusiasmo a Louis Armstrong na radio; pero é aos 16 anos cando debuta en Nova Iork como cantante, ao que seguirían numerosas actuacións con diferentes orquestras, gravacións cos mellores do jazz: o propio Armstrong, Count Basie, Duke Ellington... e a interpretación de composicións de George Gershwin.
Pero, dotada dunha magnífica voz de mezzosoprano, cun rango vocal de tres oitavas, estaba chamada a ser a raíña do xénero, e fai a súa carreira en solitario desde 1941. Levou por todo o mundo un amplísimo repertorio que inclúe blues, swing, samba, bossa nova, gospel, calypso e cancións populares de diversos estilos; traballos que distinguiu coa súa impronta persoal, as improvisacións vocais: o scat.
2 comentarios:
Alguén me pode explicar por qué as voces das pessoas de cor são realmente fantásticas.Parece que non fan esforzo...
Pode ser por condición xenética. A raza negra sufriu unha potente selección natural. Sobreviviron os mellor dotados. Se lle engadimos as vivencias que van no inconsciente colectivo... Non só cantan, tamén expresan.
Publicar un comentario