19/1/10

Non ao Decretazo!

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.

Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

No hay comentarios:

Etiquetas

15 M (1) 25 de novembro (4) 8 de marzo (2) 8 de marzo. (1) A Coruña (2) Abe Rábade (1) académicos (1) Actividades (12) Actuacións (1) Acuarelas (1) Agustín Fernández Paz (2) AI (1) Alfonso X. (1) Alimentos (1) Amadeo Vives (1) Amor (4) Ana María Matute (1) Angel Gabilondo (1) Animación (2) Animación á lectura (15) Animacion na escola (1) Animais (1) Aniversarios (2) Antonio Gamoneda (1) Antonio Heredero (1) Antonio Rodríguez Menéndez (1) Apalpador (1) Apoiamos (1) Aproveitamento de recursos (1) Aquilino Iglesia (1) Arde Lucus (1) Aristóteles (1) Arte (3) Astrid Lindgren (1) Astronomía (9) Avaliación (1) Avós (1) Baile (1) Bases (9) Beatles (1) Benvida (3) Biblioteca (14) bibliotecas (6) blues (1) boletíns (3) bossa nova (1) Búsqueda de informacion (1) Búsqueda de información (1) Caballero Bonald (1) calipso (1) Cambio climático (2) Camiño de Santiago (1) Campañas (5) Canarias (1) Cancro infantil (1) cantantes (1) Cantar delas (1) Cantautores (1) Cantigas (1) capitalismo (1) Carlos Callón (1) Carlos coira (1) Carrabouxo (2) cartaces (1) Casa da Xuventude (1) CDU (1) Celanova (1) Celebración (50) Celso Emilio (1) Celta (1) Centro Fingoi (1) Cervantes (3) Cesión de datos (1) Chantada (1) Charlie Brown (1) Charlie Hebdo (1) Charo Sánchez-Gabriel (1) Cidades (1) Ciencia e tecnoloxía (6) Cine (15) Cine clásico. (1) Cine e libros (1) Cine educativo (1) Clara Campoamor (1) Claude Debussy (1) Claudio Rodríguez (1) Comic (3) Comida (1) Compostela (3) Concello de Lugo (1) concertos (3) Concursos (28) Conferencias (2) Congresos (2) Conmemoración (1) conmemoracións (2) Consumo e consumidores (2) Contacontos (1) Convidados (1) Convocatorias (6) Coral Casablanca (1) Correlingua (4) Cortázar (2) Count Basie (1) Courel (1) CPI Dices Rois (1) crise (2) Crispín d'Olot (1) critica musical. (1) Críticos cine (1) Cultura (5) Cultura romana (1) Curie (1) Curso 2013-2014 (1) Curso 2014-2015 (1) Curtas (2) Daniel Casssany. (1) Deporte (1) Deporte e lectura (1) Dereitos humanos (3) Día da Muller Traballadora (2) Día das bibliotecas (1) Día de Rosalía (1) Día do Libro (2) Día dos Museos (1) Día dos Namorados (2) Día Internacional da Muller (2) Difusión (1) Dignidade. (1) Dinamización (1) Discriminación (1) discurso (1) Documentais (1) Documentos (1) Doris Lessing (1) Doutor Honoris Causa (1) Duke Ellington (1) Educación (1) educación sensorial. (1) El Greco (1) El País (1) El Quijote (1) Ella Fitzgerald (1) Encontros (6) Enderezos (1) ensinanzas artísticas (1) ensino (1) Ensino público (1) Escritores (1) Escritores Galegos (1) Escuela de Lectura de Madrid (1) Estados Unidos (2) estatísticas (10) Estatuas (1) Estudos cinematografía (1) Exposicións (10) exposicións. (1) F.C.Barcelona (1) Fabio Tropea (1) Familias (1) familias. (1) Famosos. (1) Fauna (3) Felicitacións (1) feminismo (2) Fernández Paz (3) Fernando G.Jácome (1) Festas (1) Física (1) Flora e fauna (2) fomento da lectura (2) fondos (1) Forges (5) Formación (1) Formación de usuarios (4) formas musicales (1) Fotografía (1) Fotos (15) Fotos antigas (1) Franquismo (1) Freinet (1) Fundación Germán Sánchez Ruipérez (1) Fútbol (1) García Lorca (1) Georges Gershwin (1) Georges Moustaki (1) Globalización (1) gospel (1) Grecia (1) Guerra (1) Guía de Nadal (1) Guías (21) Guionistas (1) Haendel (1) Haydn (2) Historia (3) Historia contemporánea (2) Historia da Música (1) Historia de España (1) Homenaxes (3) Hominización (1) Hora de Ler (1) Humor (9) IES As Barxas (1) IES As Mariñas (1) IES Pazo da Mercé (1) IES Poeta Díaz Castro (1) IES Río Cabe (1) igualdade (4) Igualdade de oportunidades (1) Indignádevos (1) Industria fonográfica (1) información familias (1) Instituto Cervantes (1) Internet (4) investigación (1) Jaime Gil de Biedma (1) Jazz (2) Jean_Luc Martínez (1) Jordi sierra i Fabra (1) José Ángel Valente (1) José Luís Sampedro (1) José Saramago (1) Juan García Hortelano (1) La Verbena de la Paloma (1) Lama das Quendas (1) Lambetadas (1) Laxeiro (1) Lectura (37) lectura. (3) Letras Galegas (30) Léxico (1) Liberdade (1) Librarías (2) Libros (22) Lingua Galega (35) Liniers (1) Literatura (1) literatura española (1) Literatura española S.XX (1) Literatura galega (1) Literatura século XIX (1) literatura século XX (1) literatura xuvenil (1) Lituania (1) Llibros de texto (1) Logopedia (1) Londres (1) Louis Armstrong (1) Louvre (1) Lugares sorprendentes (9) Lugo (9) Luís González (1) Luís Sagi-Vela (1) Macaco (1) Machado (1) Machismo (5) Madrid (1) Mafalda (1) Maios (1) Maltrato (1) maltrato. (1) Mandela (1) Manierismo. (1) manifesto (1) Manuel María (1) Manuel Pérez Tornero (1) Manuel Rivas (2) Mares (1) María Barcala (1) Masartísticas (1) maxia (1) Medio ambiente (1) Medo (1) Memes (1) Memoria (5) Menuhin (1) Mestres (1) Mesturas (1) Ministerio de Educación (1) Misterio (1) Mobilización (8) Mochilas viaxeiras (1) Moda (1) Moldava (1) Mozart (1) muller rural (1) Mulleres (14) Mulleres Galegas (1) Mulleres na Historia (1) Museo del Prado (1) Museo provincial (1) Museos (7) Música (24) Música clásica (1) musica coral (1) Música española (1) Música francesa (1) Música galega. (1) música pop (1) música programática. (1) Música século XX (3) Música século XXI (1) Música. (1) Nacionalismo (1) Nadal (4) Natureza (6) Neira Vilas (1) Nenos (1) neoliberalismo (1) Normalización Lingüística (30) Nós (1) Noticias (2) Novas tecnoloxías (1) Novelas (1) Novelistas (8) Novidades (3) Novoneyra (4) O son da nosa fala (1) Ocio (1) OCU (1) Olga Rodríguez (1) Olimpiadas (1) One woman (1) ONU (1) ONU Mulleres (1) Ópera (2) Orfeón Lucense (1) Orquestra Xove (1) Outeiro (1) Outros blogues (12) Oviedo (1) PAAU (2) Pacifismo (1) Pais e Nais (2) Pan (1) París (2) Parlamento europeo (1) Pasamentos (3) Páscoa (1) Paz (3) Pedagogos (1) Pepe Coira (2) Pilocha (1) Pintura (4) Pintura española (1) pintura galega (1) PLAMBE (1) Plan Anual de Lectura (2) Planeta (5) Plástica (1) Platón (1) poema sinfonico (1) Poesía (8) Poesía e poetas (7) Poesía galega (1) Poetas (8) Portugal (2) Prado (1) Praga (1) Premio Cervantes (2) Premio Cervantes Chico (1) Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil (1) Premio Nacional de Literatura (1) Premios (23) Premios Nobel (3) Premios. (1) Prensa (7) préstamo (4) Préstamos (1) Primeiro ciclo ESO (1) Profesorado (1) Programa de radio (1) Programa PROA (1) Propaganda (6) Propostas (1) Proxecto Fahrenheit 451 (1) proxecto lector (3) Publicacións (1) Publicidade (1) Purcell (1) Quijote (1) Química (1) Quino (1) Racismo (1) Racismo. (1) Radio na escola (1) RAG (1) Ramón Piñeiro (3) rap (1) Reacciona (1) Real Academia Galega (1) Reciclaxe (1) Recomendamos (9) recortes (2) Redes sociais (1) redes sociais. (1) Relatos (16) Renacemento (1) Renovación Pedagóxica (1) Resumos (1) Roberto Vidal Bolaño (2) Rodari (1) Roma (1) Rosalía (2) Rosalía de Castro (1) Rtve (1) S. XIX (1) S. XX (1) Samaín (1) samba (1) San Froilán (3) San Valentín (10) scat (1) Scribd (5) Século XIX (1) Século XVI (1) Século XVII (1) Século XX (2) Semana do Libro e da Poesía (1) Sida (2) Sitios web (1) Slides (17) Smetana (1) Solidariedade (7) Stéphane Hessel (1) Sufragistas (1) swing (1) Tabaco (1) Teatro (4) Televisión (1) Teresa Neri (1) Terra Cha (1) Terror (1) Terrorismo (1) Tests (1) Textos (1) Textos da Semana (6) Tíscar Lara (1) Tomás Bretón (1) Traballo (1) Traballos colaborativos. (1) Tráfico (1) Traxe tradicional (1) Tundal (1) Twitter (1) UNESCO (2) Universidade de Vigo (1) Universidades (1) Vacacións (3) Val do Asma (1) Valentín Paz Andrade (1) vangardas (1) Verán (6) Verne (2) Vestimenta romana (1) Viaxes (3) Vídeos (26) Videos. (1) Viñetas (14) Violencia (9) violencia contra as mulleres (6) violencia de xénero (3) violencia xénero (1) Visitas (8) Xapón (1) Xeración dos cincuenta (1) Xogos (4) Xornadas (5) Xornadas bibliotecas (1) Xornalismo (1) Xosé María Díaz Castro (1) youtube (2) zarzuela (2)

Compromisos

Sempre que for posible, neste blog informaremos da autoría de textos, fotos e demais material audiovisual, que en todo caso é empregado con finalidade educativa e sen lucro. Se houber algo suxeito a dereitos de autor ou outras restricións, por favor, facédenolo saber para retirármolo o antes posible.
Por outro lado, os autores do blog non son responsables dos comentarios que os lectores poidan enviar. Todos aqueles comentarios obscenos, ofensivos contra persoas, crenzas ou ideas, ou contrarios á Lei serán eliminados en canto teñamos coñecemento deles.
Avísanos para axudarnos a cumprir estes compromisos.