05/05/25

Chaves da Lingua e os debuxos animados

 Se queres que os teus fillos e fillas gocen de debuxos animados en galego, hoxe estás de sorte! A oferta en galego medrou nos últimos anos, grazas ao esforzo de plataformas e proxectos que apostan pola nosa lingua.

Tes aquí unha selección de plataformas e series infantís en galego, ideais para que a cativada se divirta mentres aprende. Ademais, deixámosche a ligazón de onde velas!

Xabarín

Se buscas a maior colección de series e debuxos animados en galegoxabarin.gal é a mellor opción dispoñible. Trátase dun proxecto que ofrece centos de episodios en galego, organizados por franxas de idade para que cada neno poida atopar contidos adaptados ao seu nivel.

Algunhas series do Xabarín Club:

  • Os Bolechas – Un clásico galego para os máis pequenos.
  • Shin Chan – Humor e tolemia con toques de retranca.
  • Doraemon – O gato cósmico favorito de moitos.
  • Dragon Ball en galego – Un referente para xeracións.

Bibopalula

Bibopalula é unha das propostas máis orixinais e didácticas en galego para os máis pequenos. Trátase dunha serie de animación pensada para estimular a imaxinación, a creatividade e o pensamento curioso dos nenos a través de aventuras cheas de cor e dinamismo.


Galego para peques

Galego para peques é un recurso marabilloso para introducir o galego desde as primeiras idades. A través de cancións pegadizas e vídeos educativos, os máis pequenos poden aprender as cores, os números, as formas, os días da semana etc.

Tamén ofrece contidos para aprender a ler e escribir as letras, así como contos animados e vídeos con vocabulario relacionado cos animais, os medios de transporte ou outros temas do seu día a día. Todo en galego e con moita tenrura.


Agalinhas

Agalinhas é o proxecto infantil da AGAL (Associaçom Galega da Língua), unha proposta educativa e cultural que ofrece contidos en galego para que as crianzas aprendan a través da música, historias, poemas e vídeos de diversas temáticas.

A través deste espazo, as nenas e nenos poden explorar a riqueza da nosa lingua e descubrir diferentes culturas e vivencias de todo o mundo, grazas á interconexión entre o galego e o portugués.


Enlace a Chaves da lingua, aquí



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.