25/02/21
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021
Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto… miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar.
Así comeza o Manifesto. Se o queres ler enteiro, entra aquí
23/02/21
Os dous de sempre
Na categoría de alumnado de 4ºESO e Bacharelato do Concurso de Contacontos na Rede organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño resultou vencedor o seguinte traballo de Pablo Rosón, Diego Rodríguez Campo e Pablo Rodríguez Rigueiro a partir dun fragmento d' Os dous de sempre, de Castelao.
22/02/21
O raposo e o lobo
Contacontos: Traballo de Noa López Follana
21/02/21
20/02/21
O 19 de febreiro de 1914 nacía nos Vilares (Guitiriz) Xosé María Díaz Castro, poeta
18/02/21
Premio do Concurso de Contacontos IES RÍO MIÑO
Acaba de fallarse o Concurso de Contacontos a través da Rede, convocado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Río Miño en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura.
Desde aquí queremos felicitar ao alumnado clasificado. Nos próximos días iremos publicando neste mesmo blog da Biblioteca os vídeos e audios cos traballos premiados.
No 1º NIVEL (Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO) as premiadas foron:
1º PREMIO (50€ en material escolar): UXÍA MORENO FREIRE (3ºB) co conto: "O raposo e o lobo".
2º PREMIO (40€ en material escolar): NOA LÓPEZ FOLLANA (3ºB) polo seu conto.
No 2º NIVEL (Alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharaleto) os premiados foron:
1º PREMIO (50€ en material escolar): PABLO ROSÓN FERNÁNDEZ, DIEGO RODRÍGUEZ CAMPO e PABLO RODRÍGUEZ RIGUEIRO cun relato teatralizado sobre un fragmento da novela de Castelao Os dous de sempre.
17/02/21
16/02/21
15/02/21
12/02/21
Día de Darwin
Cada 12 de febreiro celébrase en todo o mundo o nacemento de Charles Darwin, o científico que cambiou a ciencia e, principalmente, a visión que o ser humano tiña de si mesmo.
01/02/21
Programación teatral de Febreiro
ATENCIÓN ÁS RESTRICIÓNS!
Teatro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en https://www.entradaslugo.es/










































