A participación canalizarase a través dun novo sitio, relatos.gal, que facilitará a entrega dos textos e a cobertura dos formularios requiridos. O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2021. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros- e relacionados coa lectura. As bases completas e a lista de premios están dispoñibles na páxina web relatos.gal. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.