13/11/17
Fotos
E aquí están as fotos que as profesoras e o alumnado asistente á obra Pelos na lingua tiraron ao remate da obra na Praza do Obradoiro.
06/11/17
Teatro
Os alumnos e alumnas de Bacharelato do noso Centro asistiron no Teatro Principal de Santiago á representación de Pelos na lingua, acompañados polas profesoras Isabel Pardo e Marta López.
A reseña da obra di que Pelos na lingua é un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega.
A actividade, que tivo lugar o pasado 25 de Outubro, foi organizada polo Departamento de Lingua, a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño de Rábade.
01/11/17
Eu xa asinei... e ti?
Di a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios de España) que o noso é o 7º país de Europa que máis comida bota ao lixo.
Por iso, neste enlace poderás asinar reclamando a redacción dunha lei que poña fin a este desperdicio intolerable e insolidario.





