06/11/17

Teatro


Os alumnos e alumnas de Bacharelato do  noso Centro asistiron no Teatro Principal de Santiago á representación de Pelos na lingua, acompañados polas profesoras Isabel Pardo e Marta López.
A reseña da obra di que Pelos na lingua é un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega. 
A actividade, que tivo lugar o pasado 25 de Outubro, foi organizada polo Departamento de Lingua, a Biblioteca  e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Río Miño de Rábade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.