Fina Casalderrey Fraga, mestra e escritora galega (Pontevedra, 1951) ven de ser elixida académica da Real Academia da Lingua Galega. Son moitos os seus méritos: máis de cincuenta obras, algunhas delas traducidas a varias linguas (catalan, bretón, castelán, euskera, portugués...), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por
O misterio dos fillos de Lúa, e Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por
O estanque dos parrulos pobres; méritos aos que engadimos dende agora o de ser a quinta muller nesta Academia e o de ser unha excelente representante da literatura infantil e xuvenil en tan ilustre institución.
Se queredes saber os libros desta escritora que hai na nosa biblioteca, pinchade
aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.