26/11/08

Exposición contra a Violencia ás Mulleres

A Biblioteca, para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, realizou no corredor de entrada á sala de lectura unha proxección ininterrumpida de power point e unha exposición de cartaces de diferentes países, en diferentes linguas e con diferentes imaxes, pero todos cun denominador común, coma un berro unánime dixirido a todas as conciencias.
Desde a Biblioteca queremos agradecer a colaboración da profesora Isolina Luís (do IES 12 de Outubro de Ourense) e o traballo dos alumnos de 4º de PDC; sempre se di isto cando se agradece algo, pero esta vez é absolutamente certo.

Non!

Un ano máis celebramos o Día contra a Violencia de Xénero...

...oxalá algún día non teñamos que celebralo. E que ese día dure para sempre.

(Baseado en textos do CEIP "Isaac Peral"; montaxe do Segrel do Penedo)

07/11/08

Outono


Cando chega o Outono e celebramos o San Martiño...


...mellor con castañas...

...e con libros.