A Biblioteca, para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, realizou no corredor de entrada á sala de lectura unha proxección ininterrumpida de power point e unha exposición de cartaces de diferentes países, en diferentes linguas e con diferentes imaxes, pero todos cun denominador común, coma un berro unánime dixirido a todas as conciencias.
Desde a Biblioteca queremos agradecer a colaboración da profesora Isolina Luís (do
IES 12 de Outubro de Ourense) e o traballo dos alumnos de 4º de PDC; sempre se di isto cando se agradece algo, pero esta vez é absolutamente certo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.