02/06/25

Concurso de microrrelatos: 2º Premio. Nivel 2

 Olivia Vázquez Zapata obtivo o 2º premio do Nivel 2 (3º e 4º de ESO) no Concurso de Microrrelatos convocado polo Departamento de Lingua  e o EDL para celebrar o Día das Letras Galegas

 

Cada vez que visito a casa da miña avoa non podo evitar recordar con moita nostalxia todos os momentos que vivimos xuntas.

Recordo que ela era unha excelente cantareira e pretendía que eu tamén o fose, e, aínda que naqueles momentos non o apreciei, agora daría todo por deixar que ela me ensinase.

Cando eu chegaba da escola, ía con ela ao xardín a coller do tendedeiro, que estaba algo máis adiante da enorme silveira que ocupaba o patio, un mandil moi parecido ó dela.

Ela pasaba toda a tarde recitando cancións que parecían mesmo feitizos, e a pesar de que non volverei vivir eses momentos, sempre os recordarei cunha enorme alegría. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.