23/01/25



 Se estás interesado/a no rap, se cres (ou non cres) que na nosa lingua se pode practicar calquera tipo de disciplina artística, como é o caso do freestyle, cómpre entrares neste enlace de Ceiba Rimas.

Bases

 Con motivo dos 75 anos da morte de Castelao, o EDLG do IES San Clemente convoca o Concurso de Poesía Escurecida, un singular certame literario no que se deberán crear textos segundo a técnica da poesía escura. As persoas interesadas teñen que escoller unha páxina de Sempre en Galiza, e ir riscándoa de xeito que só fiquen ao descuberto as palabras, que conformen un novo texto, diferente ao orixinal.

Poden participar estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo. O prazo para presentar os traballos remata o 30 de xaneiro, data do nacemento do escritor rianxeiro. Deben remitirse en formato dixital a: edlg@iessanclemente.net

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto Escollemos galego que está a desenvolver o EDLG deste centro compostelán durante o curso 2024-2025.

Máis información, aquí

20/01/25

Faleceu Bernardino Graña

O pasado 18 de xaneiro faleceu o poeta do mar e do amor, Bernardino Graña. Desde este blog queremos manifestar a nosa tristeza pola súa morte. Era, en efecto, un home bo e xeneroso. 


 

08/01/25

De novo aquí!

Feliz ano, felices libros...