29/11/22

Grandes medos, de Alma Aldegunde (2ºB)

 Alma Aldegunde Villar, de 2ºESO B acadou o 1º Premio (Nivel 1) do Concurso de Microrrelatos contra a Violencia de Xénero convocado polos Equipos da Biblioteca e Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro. Ademais do diploma e o vale para compra de material escolar, o premio inclúe a publicación dos traballos premiados neste blog. 

O microrrelato de Alma Aldegunde títúlase "Grandes medos".


Unha muller con moitos medos, medo ás arañas, medo ás películas de terror. Pero ao que máis medo lle tiña era a que a comida estivese fría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.