A Real Academia Galega e PuntoGal convidan a toda a comunidade educativa a participar no V Concurso de Microrrelatos que convocan co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As dúas entidades repartirán tres premios en cada unha das categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en diante).
O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web relatos.gal, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado.
![]() | Real Academia Galega (RAG) |

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.