30/04/21

Teatro en Maio

  Teatro no Auditorio  Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en  https://www.entradaslugo.es/ 

27/04/21

Concurso de Relatos Curtos

 O Departamento de Lingua e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro convocan conxuntamente un Concurso de Relatos Curtos destinado ao alumnado da ESO do IES de Rábade, e que se celebrará presencialmente nos diferentes grupos ao longo da semana do 26 ao 30 de abril, última deste mes.

Concederanse dous premios por nivel, isto é: Nivel 1 para o alumnado de 1º e 2º de ESO, e nivel 2 para o alumnado de 3º e 4º de ESO. Os premios consistirán nun diploma e mais un vale de 30€ para material escolar.

O concurso consistirá na selección dun relato orixinal, de tema libre, que o alumnado escribirá en galego no transcurso dunha sesión lectiva na clase de Lingua Galega e Literatura, e nese relato breve incluiranse as seguintes palabras ou expresións, que irán subliñadas no texto:

1º NIVEL (1º e 2º ESO): luvas, fervenza, agarimo, axóuxere, serpe, lama.

2º NIVEL (3º e 4º ESO): aloumiño, berce, bulebule, madia leva, nocello, gorxa.

Os premiados daranse a coñecer na semana das Letras Galegas. Os relatos premiados publicaranse en Ponte Vella, o blog da Biblioteca do noso Centro.

O xurado estará composto por membros do EDNL e o seu fallo será inapelable. 

 

19/04/21

Paleolítico

O Departamento de Historia realizou unha actividade entre o alumnado de primeiro curso da ESO consistente na fabricación manual de ferramentas e utensilios propios do Paleolítico, seguindo os métodos de elaboración primitivos.

O alumnado gañador, por grupos, foi o seguinte:

1ºA
Primeiro: Amira López Mazo
Segundo: Aitana Molina Martínez
Terceiro: Noa Cabarcos Camba

1ºB
Primeiro: Adrián Feijóo Alonso
Segundo: Alejandro Gómez García
Terceiro: Ernesto Abelleira Corredoira

1ºC
Primeiro: Ramiro Parga Piñeiro
Segundo: Paula Gay Núñez
Terceiro: Darío Blanco Díaz

E a continuación, as fotos:


14/04/21

Cando queiras, xa sabes...

O itinerario máis longo do mundo para camiñar (por terra firme, e por tanto sen avións nin barcos, aínda que atravesando pontes e numerosas fronteiras) é o que vai desde a Cidade do Cabo, na República Sudafricana, á poboación rusa de Magadán.
En total, son 22.387 quilómetros e aproximadamente 4.492 horas para dálo percorrido, o que supón uns 187 días de camiñada ininterrompida, ou, de xeito máis relaxado, uns 561 días caminando un promedio de 8 horas diarias.
Ao longo da ruta, o camiñante atravesará nada menos que dezasete países, seis fusos horarios e as catro estacións do ano.

Anímaste?



08/04/21

As diferentes lúas do Sistema Solar en relación aos seus planetas


E lembra:
O substantivo Lúa só se escribe con maiúscula cando é o nome do satélite da Terra; no resto dos casos será un substantivo común, un sinónimo de satélite e, polo tanto, ha de se escribir con minúscula.

07/04/21

Serie documental sobre Xela Arias

 'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021, composta por seis capítulos breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. Se queres acceder a eles, podes entrar neste enlace.

05/04/21

Teatro en Abril

  Teatro no Auditorio  Gustavo Freire de Lugo. Podes comprar a túa entrada na Oficina Municipal de Turismo ou en  https://www.entradaslugo.es/