21/03/21

No Día da Poesía, un poema de Xela Arias


Tal couza na estructura do edificio

destruí-lo noxo,

o que te anoxa.

Coma un fío de auga quixeras atravesalo todo,

regato

nos cons de illa ben dotada.

De Intempériome

20/03/21

Equinoccio de primavera

Hoxe sábado comezamos (exactamente ás 10.37 h.) unha nova estación co equinoccio de primavera no hemisferio norte e o de outono no hemisferio sur.

Este ano a primavera durará 92 días e 18 horas, e terminará o vindeiro 21 de xuño, co inicio do verán (no hemisferio norte, claro).

Os equinoccios, tanto de primavera como de outono, son os momentos do ano en que o Sol está situado no plano do ecuador celeste. O día e a noite teñen nesa posición case a mesma duración. En realidade, o número de horas de luz e de escuridade este ano igualouse no equilux do pasado 17 de marzo.

01/03/21

Hai 40 anos, o 28 de febreiro de 1981, morría Álvaro Cunqueiro

 


"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis". ”