19/12/19

Fraguas

Un grupo de alumnos e alumnas, acompañados da profesora Isabel Pardo, visitan os paineis da exposición sobre Antonio Fraguas e a súa presenza en Lugo, dispostos no vestíbulo do Centro.

18/12/19

Antía Yáñez

A escritora burelesa  Antía Yáñez, autora de Senlleiras (2018), estivo no noso Centro o pasado martes para impartir unha charla-coloquio ao alumnado de bacharelato sobre a súa obra.


23/10/19

De novo, Astérix


En poucos días estará nas librarías (e tamén na nosa biblioteca) a nova entrega das historias de Astérix e Obélix, titulada A filla de Vercinxetórix.
Como xa é habitual, poderemos lela na nosa lingua ao mesmo tempo que noutras 20, esta vez grazas á editorial Xerais.


14/10/19

Día das Escritoras

Hai algúns anos que se vén celebrando este día, por iniciativa, entre outros, da Biblioteca Nacional coa idea de recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e loitar contra a discriminación histórica que sofren as escritoras, na súa condición de autoras e mulleres.
Desde 2016 celébrase anualmente no luns máis próximo á data da festividade de Santa Teresa de Xesús, cada 15 de outubro, e este ano corresponde celebrármolo no día de hoxe.
Pero, como tantas veces sucede, combater calquera discriminación e ler non debe ser flor dun día.


03/06/19

Guitiriz


O pasado xoves, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Río Miño de Rábade visitaron co alumnado do IES de Guitiriz a casa do poeta Xosé María Díaz Castro.


24/05/19

Calendario



Daniela Vázquez Zapata (esquerda) e Paula López Carpintero, alumnas de 4ºESO do noso Centro e autoras do deseño do calendario conmemorativo do Día das Letras Galegas 2019, recollen os diplomas acreditativos do premio outorgado polo Equipo de Normalización Lingüística.

14/05/19

Día das Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

O alumnado de 4º ESO contribuíu á celebración do Día das Letras Galegas co seguinte vídeo sobre a figura do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas Fraguas.

08/05/19

Visita


Igual que nos últimos cursos, onte o alumnado de 4ºESO do noso centro visitou a Casa-Museo de Manuel María  en Outeiro de Rei. Acompañaron o grupo as profesoras Isabel Pardo e Marta López.

10/04/19

Aínda estás a tempo!!

Coma outros anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2019", que se rexerá polas seguintes

                                                                      BASES:


  • Poderá participar todo o alumnado do Centro.
  • Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
  • Extensión máxima: tres folios.
  • Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
  • Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
  • Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
  • Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
  • Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO  de 15'00 euros en material escolar.
  • Data límite de entrega: 9 de maio de 2019.
  • O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.


02/04/19

Visitounos Elena Gallego

Visitounos a escritora Elena Gallego para achegar a súa obra e o seu xeito de entender a literatura ao alumnado de 4ºESO, en proba do cal nos deixou unha dedicatoria.



13/03/19

A táboa periódica, en galego

Cúmprense 150 anos da presentación da primeira versión da táboa periódica dos elementos por Dmitri Mendeliev. Para o celebrar, a 
Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega de Ciencias, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o grupo de investigación CienciaNOSA ofrécennos agora a versión galega.



13/02/19

Teatro


Opasado 11 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4ºESO do noso Instituto viaxaron á cidade de Santiago para asistiren á representación da obra Bicos con lingua., acompañados das profesoras do Departamento de Lingua Galega Isabel Pardo e Marta López.