23/10/19

De novo, Astérix


En poucos días estará nas librarías (e tamén na nosa biblioteca) a nova entrega das historias de Astérix e Obélix, titulada A filla de Vercinxetórix.
Como xa é habitual, poderemos lela na nosa lingua ao mesmo tempo que noutras 20, esta vez grazas á editorial Xerais.


14/10/19

Día das Escritoras

Hai algúns anos que se vén celebrando este día, por iniciativa, entre outros, da Biblioteca Nacional coa idea de recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e loitar contra a discriminación histórica que sofren as escritoras, na súa condición de autoras e mulleres.
Desde 2016 celébrase anualmente no luns máis próximo á data da festividade de Santa Teresa de Xesús, cada 15 de outubro, e este ano corresponde celebrármolo no día de hoxe.
Pero, como tantas veces sucede, combater calquera discriminación e ler non debe ser flor dun día.