10/04/19

Aínda estás a tempo!!

Coma outros anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso Centro, convoca o Concurso de Relatos Curtos "Letras Galegas 2019", que se rexerá polas seguintes

                                                                      BASES:


  • Poderá participar todo o alumnado do Centro.
  • Os relatos, de tema libre, presentaranse en lingua galega.
  • Extensión máxima: tres folios.
  • Deberán presentarse escritos a ordenador por unha soa cara e a dobre espazo.
  • Os relatos só se poden facer e entregar de forma individual ao profesor ou profesora correspondente de Lingua Galega.
  • Os relatos que resulten gañadores serán publicados no Blog da Biblioteca.
  • Haberá dous premios para cada categoría, por un lado 1º, 2º e 3º de ESO; por outro, 4º de ESO e os cursos de Bacharelato.
  • Concederanse un 1º PREMIO dun vale de 30'00 euros en material escolar, e un 2º PREMIO  de 15'00 euros en material escolar.
  • Data límite de entrega: 9 de maio de 2019.
  • O xurado estará formado polos membros do ENDL, e o seu fallo será inapelable.


02/04/19

Visitounos Elena Gallego

Visitounos a escritora Elena Gallego para achegar a súa obra e o seu xeito de entender a literatura ao alumnado de 4ºESO, en proba do cal nos deixou unha dedicatoria.