Aínda estás a tempo de participares no concurso de marcapáxinas. O prazo remata o día 30 deste mes.
22/01/18
Aínda hai tempo
18/01/18
Afouteza é a palabra
Ou polo menos a máis buscada durante o ano pasado no dicionario da Real Academia Galega. Seguíronlle a certa distancia independencia, sapoconcho, teimudo, velutina ou eucaliptización pero a favorita, cun 48% de procuras, foi indiscutiblemente afouteza, que significa, segundo ti mesmo podes comprobar aquí:
Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades, e tamén, na súa outra acepción:
Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme.
Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades, e tamén, na súa outra acepción:
Se queres ler algo máis sobre este asunto, entra neste enlace.
10/01/18
Concurso de marcapáxinas
Convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Río Miño de Rábade
BASES
- Poderá participar todo o alumnado do Centro.
- As ilustracións farán referencia, por un lado, á autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, María Victoria Moreno, e, por outro lado, á Biblioteca do Centro.
- As ilustracións só se poderán elaborar e entregar de forma indivicual ao respectivo profesor de Lingua e Literatura Galegas.
- A ilustración gañadora será publicada no blog da Biblioteca do Centro.
- A data límite de entrega será o 30 de xaneiro de 2018.
- PREMIO: Un vale de 30.00 euros en material escolar.
- XURADO: Estará formado por membros do EDLG e da Biblioteca. O seu fallo será inapelable.

