Así titula o alumnado do obradoiro de Plástica esta tenra curta sobre o amor que nos achegan os compañeiros da Biblioteca Bernardino Graña. Nós enlazámola aquí co seu permiso e agradecémoslles a xenerosidade de compartila.
Hoxe celébrase o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data, a Asociación de Escritores en Lingua Galega promove unha serie de actos culturais nos concellos e centros de ensino, así como o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Nós inserimos un vídeo dun disco de Abe Rábade, titulado Rosalía XXI, no que o músico galego rende homenaxe á poeta de Compostela. Escoitade a súa versión de Alborada.
Clara Campoamor, (Madrid, 1888 - Lausana, 1972), brillante política española, foi unha das primeiras mulleres avogadas deste país. Loitadora a favor da non discriminación por razón de sexo, da igualdade xurídica dos fillos e fillas habidos dentro e fóra do matrimonio e do divorcio. Ademais foi a principal impulsora do voto feminino, que se exerce en España desde 1933. Hoxe celébrase o 126 aniversario do seu nacemento.