13/09/11

In memoriam

Recibimos a mala nova do pasamento repentino de María Dolores, a compañeira responsable da biblioteca do IES Luís Seoane de Pontevedra. Foi unha das promotoras do traballo colaborativo "Salvar un libro" na primavera pasada. Boa traballadora e entusiasta da biblioteca, á que non chegamos a coñecer persoalmente senon a través dos correos que xa quedan na nosa lembranza. Na súa memoria:

Transmigración

Esta enerxía xa non vai ter fin,
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
tatuadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.

Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida.

Lois Pereiro, Poemas da morte sobrevivida a forza de paixón e sabotaxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.