15/10/10

Premios Alma

Os escritores galegos Agustín Fernández Paz e Juan Farias figuran entre os 175 nominados aos premios de literatura infantil e xuvenil Astrid Lindgren Memorial (tamén chamados Alma), que outorga o goberno sueco desde 2002 en homenaxe a Astrid Lindgren, a escritora máis popular do país nórdico e creadora, entre outros, do personaxe de Pippi Langstrump.
O premios Alma outórganse como recoñecemento a unha vida ou carreira de creación adicada ao mundo literario infantil e xuvenil, polo que entre os candidatos pode haber ilustradores, por exemplo.
O xurado formado por escritores, críticos literarios, bibliotecarios e ilustradores dará a coñecer o nome do gañador o próximo mes de marzo, en Vimmerby, localidade natal da autora sueca; o premio, consistente en cinco millóns de coroas (medio millón de euros), será entregado posteriormente en Estocolmo.
Desde a Nosa Biblioteca, ao tempo que apoiamos a candidatura dos dous escritores galegos, tamén lles desexamos toda a sorte posible.

(Na foto, Astrid Lindgren, falecida en 2002)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.