10/06/10

Premio

Acaban de concedernos un novo premio, e iso é algo que nos enche de orgullo e satisfacción. Como non.
O blog que o concede explica que nos distingue "Porque a rapazada deste instituto amosa a quen queira velo que o Galego é un idioma vivo, vello pero novo, con historia e con futuro, para pensar, para falar e para vivir, “de letras” e “de ciencias”, para ser e para estar".
Cuns argumentos coma estes, a satisfacción e o orgullo son dobres.
Sinceramente, grazas.

3 comentarios:

  1. Parabéns desde o departamento de Matemáticas.
    Saúdos a todo o equipo.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, pero... ¿está en castelán?

    ResponderEliminar
  3. Sí, amigo Ronsel, e debería estar en galegó, como a túa retórica pregunta suxire tan galega e irónicamente.
    Serva de desculpa que os diplomas foron deseñados previamente e, chegado o momento de adxudicalos, só se cubriron as liñas específicas dos destinatarios. Como ves, na mtivación empregamos xa o Galego.
    "El blog de Amado" está en castelán porque se fixo para ser visitado por xentes de acá de acolá, e coidamos que en castelán podería "sair" máis doadamente de Galicia para o mundo...agora non o teño tan claro (¿e Brasil, por exemplo, de fala tan parecida, aínda máis ca o portugués?), e estamos a pensar en pasarnos ao Galego xa (como xa fixemos có outro noso blog, "O acuario de Iñaki"). Porque quen queira ven podería entende-lo galego escrito, porque os nosos blogueros son xente respetuosa e amante da viva riqueza lingüística e terán unha gozada engadida a de navegar entre as ondas que o galego surca, gañando no camiño o vento fresco dunha apredizaxe leda.
    Un abrazo

    ResponderEliminar

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.