24/04/09

Tamén maneiros!

Parece que o do noso blog esta semana foi cousa de chegar e encher; despois de tantos meses en crisálida, a Ponte Vella parece que abriu á luz deste mes amigo dos libros e non deixamos de agradecer agasallos e premios. O último, e non por iso o menos importante, é a entrada na categoría dos blogs maneiros por conta dos nosos veciños e amigos do Ollos Grandes, que nos recordan os requisitos que hai que cumprir para ser maneiro de pleno dereito, e son

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.

Só nos resta seleccionar os blogs maneiros, o que non é nada fácil chegamos tarde á cita, e porque case todos son maneiros e os que non é porque son en realidade moi maneiros, así que con grande esforzo e tento, nominamos os seguintes: Bibliomelide, Biblioteca As Mariñas, Bibliocabe, As Gabarras, Friol: Algo máis que queixo, Os Leóns de Medeiros, Bibliomasa, Milprimaveras, O recanto de Mik, e Andel.

5 comentarios:

  1. Moitísimas gracias!!!! Encántanos ser "maneiros"!!
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. A pesar de mudar as xanelas , pódense seguir mantendo as relacións de boa veciñanza.
    Graciñas polo agasallo, levamos pouco tempo remexendo na memoria e trebellando na rede, pero pouco e pouco imos indo.
    Esperamos poder manter o merecemento de ser "maneiros".
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Grazas polo agasallo tan maneiro! Un honor e unha responsabilidade... Apertas fortes.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas por vingarvos de nos. Encantanos ser maneiros... e maneiras.

    ResponderEliminar
  5. Dende Bibliocabe queremos agradecervos que vos acordarades de nós. Noraboa tamén polo voso traballo.
    Beatriz González e M. Luz Paramio

    ResponderEliminar

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.