Decididamente, estamos en racha: agora é o Selo Violeta, que nos concede desde Monterrei un blog amigo cun nome feroz: Os Leóns de Medeiros, que aclaran que “O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
As regras para aceptar o Selo Violeta son:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
E por último, os dous desexos: que en ningunha casa falten bos libros, e que tampouco ningún neno ou nena vaia nunca para a cama sen ler ou sen que lle lean un conto.
Grazas por acordarvos do noso blog, aínda que me da un pouco de pereza colocar iso do selo violeta. Pero de corazón, grazas e parabéns polo voso traballo.
ResponderEliminarMoitísimas grazas polo voso agasallo! Que lindo recibir tan bos desexos envoltos na maxia da cor violeta...
ResponderEliminarMoitas grazas polo agassallo!!! o equipo da biblioteca, que somos coma os nen@s fainos moita ilusión cando alguén se comunica con nós!!. Xa poño o selo no noso blog, pero...teño que pensar nos poderes que desexaría ter...Como hai que escoller só dous e desexariamos tantos, tantos!!!
ResponderEliminarSaúdos dende a Mariña de Lugo
Moitísimas grazas. Nós consideramos que Ponte Vella merece moitos premios; por iso vos oferecemos este que tedes aquí:
ResponderEliminarhttp://bibliolhosgrandes.blogspot.com/2009/04/blogue-maneiro.html