25/03/09

A hora do Planeta


O próximo sábado, 28 de marzo, ás 20:30, tes unha cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posible.
A iniciativa consiste, coma outras veces, en apagar as luces da casa e reducir o consumo eléctrico ao mínimo entre as 20'30 e as 21'30. Os cidadáns do mundo estamos convocados a este acto para chamar a atención sobre os efectos do aquecemento global e para exixir aos políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que for demasiado tarde. Se queres máis información, entra aquí e aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, sé respectuoso e comenta con educación.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.